Skip to Content

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Axudas económicas para a formación práctica en empresas    
 

estudiantes_6A Consellería de Educación axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Requisitos
1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos.

2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo: 20 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2015-marzo 2016, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2016. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2016.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2016 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2016. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016.

Contía da axuda.
a) O alumnado que realice a FCT na modalidade A percibirá:

Ata un máximo de 186 € cando se cumpran as seguintes condicións:
O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da FCT.
A contía de cada alumno/a será en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT do ciclo correspondente.
b) O alumnado que realice a FCT na modalidade B percibirá a axuda tendo en conta os criterios seguintes:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 100 € contía base e 60 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 150 € contía base e 100 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia: 200 € contía base e 125 € por semana
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 20 de maio de 2016 e en www.edu.xunta.es/fp

 

 



page | by Dr. Radut