Skip to Content

ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Queres estudar Conservación e Restauración de Bens Culturais?    
 

conservacion-y-restauracionA Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Acceso a través da proba: os requisitos para optar a proba son estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Acceso directo: poderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é dun 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.

A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o día 13 de xuño.

As probas específicas de acceso comezarán o día 27 de xuño.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 11 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 9 de maio de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/380/all
http://gradoconservacionbbcc.es/



page | by Dr. Radut