Skip to Content

PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

lacteosnaescola

A Consellería do Medio Rural, coa colaboración da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade, convocan axudas destinadas á subministración ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de leite e de produtos lácteos transformados, a través dun programa único e integral: programa Aliméntate ben.

Poderán solicitar a axuda:
a) Un centro escolar.

b) Unha autoridade educativa para o alumnado que teña baixo a súa competencia.
c) A persoa provedora dos produtos.
d) Unha organización que actúe en nome dun ou máis centros escolares e que estea constituída especificamente para tal fin.

 

As persoas destinatarias será o alumnado de:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio.

 

A periodicidade da solicitude de pagamento será mensual e abranguerá o período de subministración dun mes

 

As axudas poden solicitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento MR265A e MR265B
Máis información no DOG do 29 de febreiro de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/ e en http://alimentateben.xunta.es/

 



page | by Dr. Radut