CAMPAMENTOS- CAMPOS DE TRABALLO- ACTIVIDADES
Acción de Verán |
![]() |
![]() |
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016.
Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Campamentos | Campos de traballo | Actividades de 18 a 30 anos | Oferta concertada |
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
- Condicións xerais (autorización para a publicación de imaxes, servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, protección de datos)
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
- Anexo I
- Presentación electrónica de solicitudes
- Consulta de solicitudes
- Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
- Correccións de erros DOG anexo I
- Enlaces dispoñibles
Consulta aquí o PDF
DATA DO SORTEO:
A data do sorteo publicarase neste apartado.
22 de abril, ás 9:00 horas, APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN
Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada, unha copia de TODA a documentación ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.es De incumprir este prazo de 48 horas, PERDERASE O DEREITO A PARTICIPAR NO CAMPO DE TRABALLO ASIGNADO, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza. Como inscribirse: Ten a man o/s código/s do/s campo/s de traballo (por exemplo: 402015). No caso dos campos de traballo internacionais, o "código Galicia" (a 1ª columna da taboa). Deberás facilitar obrigatoriamente os seguintes datos:
Unha vez inscrito/a recibirás un correo electrónico coas instruccións para formalizar a inscrición no prazo de 48 horas que empezará a contar dende a recepción do mesmo.
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos. Consulta aquí o PDF
OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados) A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2016. Mediante a Oferta Concertada, a Consellería de Política Social oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 30 de setembro. Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí |
- APIs de Blogue