Skip to Content

EDUEMPRENDE iDEA 2016

A Consellería de Educación convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas eduemprendede formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de valorar e premiar proxectos de empresa que presente o alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2015/16 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Modalidades e características dos premios: Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en http://www.tramita.igape.es
Máis información no DOG do 29 de abril de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/



page | by Dr. Radut