Skip to Content

Queres estudar Música?

 

Music1

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17.
Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 6 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all



page | by Dr. Radut