Skip to Content

Premio literario nortear

2016nortear

NORTEAR PARA A MOCIDADE GALEGA E PORTUGUESA 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea para a Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal vén de convocar a segunda edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do norte de Portugal, dotado economicamente con 2.000 € e coa publicación da obra gañadora en versión bilingüe, galego e portugués.

Incentivar a creatividade literaria entre os escritores e escritoras de ambos os territorios, promover a produción de obras no ámbito da ficción e favorecer a distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal son os principais obxectivos deste certame de relato curto.

 

Prazo de presentación de orixinais
O certame Nortear está dirixido a persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras. O prazo para participar nesta segunda edición do premio está aberto ata o vindeiro 15 de xullo de 2016.

 

Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e Galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.

 

O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (1.000 € por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1.000 € por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a vencedor/a.
As entidades promotoras comprométense, ademais, a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.

 

As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal Edificio CETMAR, Rúa Eduardo Cabello s/n.  36208 Bouzas. Vigo.  Pontevedra.

 

Máis información:
http://www.cultura.gal/gl/premio/20666

 

 

 



page | by Dr. Radut