Skip to Content

VIAXE Á NEVE 2011

 

Estimados pais/nais:

Os departamentos de Educación Física e Ciclo Formativo de Conducción de Actividades Físicas e Deportivas no Medio Natural do IES Porto do Son, dentro da súa oferta de actividades extraescolares para o presente curso propoñen para os alumnos da ESO e do Ciclo Formativo, unha SEMANA BRANCA (viaxe á neve).    Temos como obxectivo que os alumnos/as que acudan por primeira vez, coñezan e practiquen o deporte do esquí convivindo nun espacio natural, a alta montaña, diferente ao habitual no seu lugar de residencia.

Está previsto que esta actividade se desenvolva durante o mes de febreiro(salvo causa xustificada), por ser o período que menos interfire nos estudios.

O curso de esquí realizarase en Andorra, xa que reúne unhas condicións inmellorables para a práctica e aprendizaxe deste deporte. A estación de esquí non está aínda decidida xa que estamos a estudiar as diferentes ofertas das axencias con fin de obter a mellor relación calidade- prezo.

O importe aproximado da viaxe(unha semana de duración) , calculamos oscilará sobre os 450 € , sendo este un prezo moi interesante xa que inclúe:

  • - Viaxe de ida e volta en autobús.

  • - Estancia en hotel de 2 ou 3 estrelas en réxime de pensión completa.

  • - Aluguer completo do material de esquí (esquís, botas, bastóns e remontes).

  • - Curso de esquí con monitores especializados.

  • - Póliza de seguros.

Dito importe poderá pagarse en varios prazos para maior comodidade e evitar ter que facer todo o desembolso dun golpe. Así mesmo, poñeremos a disposición dos alumnos/as que o desexen, a oportunidade de vender rifas, camisetas, productos navideños, etc…para que poidan autofinanciarse.

Estes prezos só se poden manter ou mesmo rebaixarse se o grupo ten un mínimo de participantes que calculamos sobre 40 persoas.

 



page | by Dr. Radut