Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Marzo 30, 2022
Start: 30/03/2022 13:27
Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes de bolsas de carácter xeral para estudos non universitarios (FP, Bacharelato e outros) e universitarios (grado e máster) para o vindeiro curso académico 2022/2023.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, ámbolos dous inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp...
 

Na 1ª Fase realizaranse as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Na 2ª fase informarase @s solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede e informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.
Máis información na seguinte ligazón:

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Para clarexar calquera dúbida contacta coa Secretaría do centro.
Venres Abril 08, 2022
Start: 08/04/2022 14:17
Charla que recibiu o alumnado da materia Física e Química de 4º ESO (A+B+C) o pasado mércores 6 de abril.
A charla encadrase dentro do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC" e foi impartida polo Profesor Francisco Guitián Rivera, profesor emérito da área de Edafoloxía e Química Agrícola e director do Instituto de Cerámica de Galicia. A charla, de título: "Os materiais, por qué os adoro?",  pretendía achegar ao alumnado as novas propiedades e aplicacións que poden adquirir as materias primas cando son procesadas cunha determinada microestructura.


Distribuir contido


by Dr. Radut