Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 01/04/2019 10:00
End: 01/04/2019 12:00
De 10.00h a 12.00h, Ciclo: Ciclismo adaptado para persoas con diversidade funcional con DisCamino.
Sostibilidade. “Mellora da xestión. Posibilidades de futuro”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca. RECUPERACIÓN DESTA SESIÓN QUE FORA CANCELADA.
Mañá, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O Departamento de Orientación e o grupo de Correspondentes Xuvenís, "as nosas anteas informativas", sumáronse á campaña de sensibilización do colectivo de persoas con autismo e as súas familias, participando activamente nas diferentes actividades propostas. Destacamos especialmente a implicación de todo o profesorado e o alumnado do IES que, baixo o lema elixido I ♾Autismo, participou compartindo un mix de infinitos xestos fotografados e recollidos nun mural; así mesmo, dun xeito simbólico, as portas de entrada ao recinto están decoradas dun azul intenso, coa finalidade de visibilizar o noso compromiso coa inclusión e integración. IES PORTO DO SON, I ♾Autismo.... infinito compartido por toda a comunidade educativa. Parabéns!!!!! Este é o portal da Campaña, lede, informádevos!
|