Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Abril 27, 2017
Start: 27/04/2017 18:15

O 31 de marzo inauguramos a Semana Cultural que se desenvolveu entre o 3 e o 7 de abril. As actividades cent´raronse arredor da AUGA, tema interdisciplinar e de proxectos no que vimos traballando durante todo o ano. Visto dende un punto de vista moi plural, reforzamos os obxectivos académicos que recolle a LOMCE. Houbo charlas, obradoiros, traballo en equipo, valores, arte, igualdade, memoria, pensamento crítico, deporte, saúde, uso da enerxía con conciencia, coidado do medio, orientación académica... Involucración do profesorado e o alumnado, pero tamén das familias, do Concello, doutros centros... Foi bonito de vivir. Esperamos que dea froitos na formación de persoas comprometidas, críticas e creativas. Nesta presentación tendes o resumo en imaxes:

 

Semana Cultural

More presentations from etikeles
Venres Abril 28, 2017
Start: 28/04/2017 17:37

No marco das actividades relacionadas co tema da AUGA, que vimos desenvolvendo en distintos proxectos e tarefas neste curso, decidimos participar na campaña Quilómetros de Solidariedade, promovida por Save the Children. A través do patrocinio dunha carreira solidaria, recaudamos fondos dirixidos a intervencións en infraestruturas, educación e saúde en Etiopía, país duramente afectado por unha seca que afecta a toda a poboación pero que repercute principalmente nos máis débiles: os nenos e nenas. 

O noso alumnado leva todo o curso estudando a AUGA: a ciencia, os valores, a memoria, o consumo enerxético responsable, a creación artística, a saúde, o deporte... Os obxectivos educativos traballados, como ríos que flúen ao mar, desembocaron na Semana Cultural. Abrímola con charlas sobre a xestión deste recurso nos países subdesenvolvidos e pechámola cunha acción de compromiso, a carreira. Grazas ao patrocinio de familias, amizades e a comunidade educativa, conseguimos reunir 1.752,83 euros. 

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da carreira, que levamos á vila para visibilizar o noso compromiso!

 

Martes Maio 02, 2017
Start: 02/05/2017 19:36

O sábado 29 de abril o alumnado do noso centro que se clasificou para o Campionato Galego Escolar de Orientación desprazouse ao Campus de Elviña-Unversidade (A Coruña). Todos eles deixaron representaron con éxito o IES de Porto do Son e Eloi Serantes de 2º de ESO, conseguiu o 3º posto!!!

 

 

Start: 02/05/2017 20:19

Do xoves 27 de abril ao 2 de maio,unha parte do alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, xunto cun grupo de mozos e mozas do IES do Virxe do Mar, realizou unha viaxe á Toscana organizada polo departamento de Relixión. Milán, Venecia, un paseo en vaporeto, a praza de San Marcos, Florencia, a praza de Miguelanxo, o Duomo, a Galería dos Uffici, a Galería da Academia, a praza do Campo, Siena, San Gigminiano, o museo de Leonardo en Vinci, Pisa... Que máis se pode pedir!!! Días intensos para mergullarse na arte! Han de lembrar con pracer esta inmersión na cultura italiana!

 

 

Xoves Maio 04, 2017
Start: 04/05/2017 17:46

Grazas a Amnistía Internacional Barbanza, esta semana mostramos no centro a exposición que afonda nos dereitos humanos e a violencia de xénero en distintos países. 15 cartaces e unha unidade didáctica permitíronnos reflexionar sobre as graves violacións dos seus que mulleres e nenas sofren no mundo. Comportamentos sexistas, abusos asentados nunha malentendida "tradición" e presentes en todos os ámbitos -familiar, laboral, educativo, social...-. Coñecemos o labor das mulleres activistas; con elas, queremos facer que o noso alumnado pense, reflexione, e, na medida do posible, contribúa a cambiar a realidade, dende o entorno máis próximo. Coñecemos os dereteitos que son constantemente violentados. Coñecemos os organismos que os defenden. Coñecer para saber, para semos críticos, para demandar, para esixir, para actuar, para respectar!!!

 

Venres Maio 05, 2017
Start: 05/05/2017 09:06

Grazas a Amnistía Internacional Barzanza e ao contacto do Concello, esta semana mostramos no centro a exposición OS DEREITOS HUMANOS E A VOLENCIA DE XÉNERO.As palabras de Shirin Ebadi, premio Nobel da Paz, atravesan como berros os cartaces:

"Mentres se neguen os dereitos humando ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber paz"

O alumnado traballou a unidade didáctica: o marco legal; os dereitos e liberdades fundamentais nos ámbitos político, económico, social, cultural e civil; as organizacións implicadas na defensa dos dereitos da muller e das nenas; os testemuños de experiencias vividas por mulleres e nenas en Macedonia, Irán, Indonesia, Haití, Albania, Nicaragua, México, Irak..., mais tamén nos países nórdicos ou en Estados Unidos. Coñecer. Reflexionar.

É necesario coñecer para formar masa crítica. É necesario saber para reflexionar, para actuar, para, dende o comportamento individual transformar a sociedade. Forma parte do noso labor como docentes. Forma parte dos obxectivos que deben acadar os alumnos e alumnas no paso pola escola. Cremos en que o centros educativos poden contribuír a que os valores defendidos por organizacións como Amnistía Internacional cheguen á comunidade e se transformen en "armas" pacíficas e eficaces que transformen o mundo.

 

 

Luns Maio 08, 2017
Start: 08/05/2017 22:33

O venres pasado, 5 de maio, o alumnado de 4º de ESO que participou no proxecto ENERXÍA CON CONCIENCIA, co que o centro se presenta ao concurso convocado pola Fundación Repsol para centros educaticvos. Este é un proxecto enmarcado na liña do proxecto interdiciplinar sobre a AUGA, centrado no estudo do consumo enerxético do centro co obxectivo de racionalo. Houbo formación,  estudo, análise, un intenso traballo en equipo no que se implicaron varios departamentos. Campañas publicitarias con cartelería e vídeos, docencia ao resto do alumnado... Un esforzo que xa está a dar os seus froitos: conseguimos reducir moito a factura da luz!!! 

O venres chegou o momento de expoñer o proxecto realizado e de defendelo ante os representantes de Repsol. O proceso en si foi xa unha aprendizaxe que ha de ser de moita utilidade para a súa vida académica e, nun futuro máis afastado, profesional. Traballo en equipo, aprendizaxe-servizo, implicación directa na realidade socioeconómica do centro. Que máis se pode pedir! Máis alá do resultado do concurso, PARABÉNS AO ALUMNADO E AO PROFESORADO!!

 

 

Start: 08/05/2017 22:49

Respondemos ás inquedanzas das familias: a rede, os móbiles, as redes sociais... Ben empregadas son ferramentas de aprendizaxe e de lecer. Mal empregadas son fonte de conflitos, de situacións desagradables, mesmo perigosas. De aí que, dende o departamento de Orientación e o equipo directivo decidimos dar resposta a estar necesidade de formación coas charlas  NAVEGA CON RUMBO, para o alumnado e para nais e pais . Trátase dun programa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia que ten como obxectivo a concienciación no uso responsable das tecnoloxías.

A actividade vén complementar outras iniciativas que se levan a cabo nas aulas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut