IBROS EN PRÉSTAMO DO IES A PONTEPEDRIÑA.

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos nos Fondo do IES, Fondo AMPA e Fondo Solidario da Xunta de Galicia.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes de libros concedidos. Para evitar acumulacións de persoas no centro poden chamar por teléfono e desde a secretaría do centro informaráselles dos libros concedidos.

O reparto dos mesmos produciráse entre os días 28 e 30 de setembro, agás dos libros que teñan que ser mercados ante a falta de existencias (nestes casos pode existir unha demora de varios días).

INFORMACIÓN DEFINITIVA SOBRE O COMEZO DO CURSO 2020-21

Estimados/as alumnos/as, pais/nais, coa idea de mantervos informados/as ante o inicio de curso, O IES A Pontepedriña comunica:

 

  • ESO e Bacharelato: O alumnado do IES que terá ensino semipresencial será o de 1º de Bacharelato. O alumnado de ESO e 2º de bacharelato terá ensino presencial.
  • Formación Profesional: O alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Actividades comerciais, 1º e 2º de Ciclo Superior de Comercio Internacional e 1º e 2º de Ciclo Superior de Xestión e Vendas terá ensino semipresencial. O alumnado de 2º de Ciclos en modalidade Dual e 1º e 2º de Formación Profesional Básica terá ensino presencial.
  • Foi autorizado pola Consellería o novo horario para o curso 2020-21. O alumnado de ESO e Bacharelato terá todo o seu horario en xornada de Mañá. O alumnado de Formación Profesional mantén o horario existente.
  • O novo horario de ESO e bacharelato comeza ás 8:15 horas e remata os martes, xoves e venres ás 13:30 horas. Os luns e mércores rematará ás 14:30 horas.
  • As presentacións realizaranse os días 23, 24 e 25 de setembro. O día 23 presentarase o alumnado de 1º e 2º de ESO,1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos; o día 24 presentarase o alumnado de 3º de ESO e 2º de Ciclos Formativos e o día 25 presentarase o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica. Para ver o calendario de presentación prema aquí.
  • As listaxes dos grupos publicaranse o martes, día 22 de setembro
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta, Fondo do IES e Fondo da AMPA publicaránse o día 22 de setembro. O reparto dos libros ao alumnado realizarase entre os días 28 e 30 de setembro.
  • O Transporte escolar funcionará desde o día 24 de setembro para o alumnado. O horario será:
    • Ás 07:50 Cruxeiras- Che 2- IES A Pontepedriña.
    • Ás 07:50 Os Tilos – IES A Pontepedriña.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRINA ANTE O INICIO DO CURSO 2020-21

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRINA ANTE O INICIO DO CURSO 2020-21

Estimados pais e nais e membros da comunidade educativa:

Somos conscientes da preocupación colectiva derivada da falta de información sobre o inicio deste curso. O equipo directivo leva traballando en todas as alternativas posibles para un regreso seguro ás aulas desde o remate do curso pasado e durante todo este verán.

Ata este momento levamos dous cambios de normativa, e agardamos aínda a saída dunha terceira. Cada cambio normativo implica unha reorganización de grupos, de aulas e unha reformulación da petición de novo profesorado. Por exemplo, comentaremos que a distancia de seguridade entre o alumnado sufriu distintas modificacións por parte da Consellería: de un metro (22 de xullo), de metro e medio (31 de agosto), de un metro e colocación de separadores entre o alumnado (13 de setembro).

Estes cambios constantes dificultan o noso traballo e imposibilitan tamén que lles poidamos trasladar unha información real sobre o regreso ás aulas.

A día de hoxe, tras comunicarnos está mañá o noso cupo de profesores/as, podemos INFORMARLLES  do seguinte:

  1. O ensino no Bacharelato será semi-presencial. Esta solución NON é a que quere o IES A Pontepedriña pero o sernos imposta pola Administración non temos outra posibilidade que acatala.
  2. O ensino na Educación Secundaria será totalmente presencial. Para que o centro sexa un espazo seguro aumentaremos os grupos e manteremos a distancia de seguridade de 1,5 metros. Isto implica unha total reorganización dos espazos e un aumento de profesorado (neste caso concedido).
  3. O ensino na Formación Profesional será semi-presencial no Ciclo Medio de Actividades Comerciais, Ciclo superior de Comercio Internacional e Ciclo Superior de Xestión e Vendas. Na Formación Profesional Básica e Ciclos en modalidade Dual o ensino será presencial.
  4. Para poder dar cabida a máis grupos necesitamos refacer os nosos horarios. Temos solicitado un novo horario. A educación Secundaria e o Bacharelato serían en horario de mañá e a Formación Profesional en horario de tarde. O novo horario solicitado, a falta da súa autorización sería o seguinte:
    • Horario de Educación Secundaria e Bacharelato: entrada ao Centro as 08:15 horas todos os días. As saídas dependerían do número de sesión por día. Os luns e mércores a saída sería as 14:30 horas (sete sesións por día) e os martes, xoves e venres a saída sería as 13:30 horas (6 sesións por día).
    • Formación profesional seguiría co seu horario habitual: entrada ás 14:50 todos os días e saída de martes a venres ás 21 horas e os luns as 21:50 horas.

Para finalizarmos, queremos comunicarlles que esta dirección traballa e traballará arreo para que o noso centro sexa un espazo seguro para as súas fillas e fillos, así como para o resto da comunidade educativa. E unha vez máis queremos reiterar o noso compromiso cun ensino público e de calidade.

 

A dirección do IES A Pontepedriña

COMUNICADO SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-21

Estimados/as pais/ nais e alumnos/as do IES A Pontepedriña:

 

 

A dirección do IES A Pontepedriña comunica que o inicio do curso adíase o 23 de setembro.

 

Nos próximos días, cando a Consellería publique unha nova resolución sobre o inicio do curso, publicaremos o calendario do IES A Pontepedriña.

 

Lamentamos os inconvenientes derivados desta situación e esperamos a súa comprensión.

 

 

A dirección do IES A Pontepedriña.

INFORMACÓN PARA O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO

O IES A Pontepedriña informa do seu calendario para os próximos días.

- O próximo venres, día 4 de setembro, ás 09:00 horas,  realizaráse a entrega de cualificacións, sobres de matrícula e recollida de libros de texto en préstamo do alumnado: para  1º e 2º  Educación Secundaria ás 09:00 horas e para o alumnado de 3º e 4º de ESO ás 10:00 horas. O alumnado de 1º de Bacharelato recibirá os boletíns de cualificacións as 09:00 horas.- 

- O prazo de reclamación ás cualificacións do alumnado de ESO e 1º de bacharelato: venres, 4 e luns, 7 de setembro.

- O día 8 de setembro: comunicación das resolucións das reclamacións ás/aos interesadas/os.

- A publicación das listaxes sobre o alumnado que terá libros de texto en préstamo do Fondo Solidario da Consellería, do Fondo do IES e do Fondo da AMPA publicaránse o día 15 de setembro.

- O reparto dos libros de texto en préstamo realizaráse entre os días 18 e 25 de setembro.
Para o alumnado de 1º de Bacharelato o alumnado que terá libros en préstamo do Fondo do IES e do Fondo da AMPA publicaránse o día 11 de setembro.

- O comezo de curso, se non existe modificación por parte da Consellería será escalonada segundo publicou a Consellería na Resolución do 01 de setembro

    • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria, 1º curso de bacharelato e 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.
    • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2ºcurso de bacharelato, 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
    • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

- O calendario desta incorporación será publicado o día 11 de setembro.

INSTRUCIÓNS PARA MATRICULA DE ALUMNOS/AS EN CICLOS FORMATIVOS

O IES A Pontepedriña informa:

O día 21 de xullo terá lugar a matrícula dos/as alumnos/as que obteñan praza na 1ª adxudicación. O prazo de matrícula será do día 21 de xullo ás 09:00 horas ata ás 13:00 horas do 27 de xullo.

 

A 2ª adxudicación será publicada o día 29 de xullo . O prazo de matrícula sería das 09:00 horas do día 29 de xullo ata ás 13:00 horas do día 31 de xullo.

 

Para realizar a matrícula deberán cubrir o sobre de matrícula que se dará no centro e seguir as instrucións que aquí aparecen. Para ver as instrucións PREMA AQUÍ.

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21.


O IES A Pontepedriña publica o calendario e horarios das probas Extraordinarias de setembro. Estas probas desenvolveranse  os días 01 e 02 de setembro de 2021 para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, 1º de Formación Profesional Básica e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e Ciclo Superior de Xestión e vendas, ambos na modalidade DUAL.


- Calendario probas extraordinarias de setembro de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de Bacharelato.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de 1º de F.P.B.
- Calendario probas extraordinarias de setembro Ciclos Formativos da modalidade de DUAL.

 

CURSO 2019-20

Os días 01 e 02 de setembro de 2020 realizaranse as probas extraordinarias de setembro para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica E Ciclo medio de Comercio en modalidade Dual.

 

CURSO 2018-19

Os días 02 e 03 de setembro de 2019 realizaranse as probas extraordinarias de setembro para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional Básica.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2020-21

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2020-2021 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.

CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, 1º DE BACHARELATO E 2º DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 

A Consellería de Educación estableceu como prazos de matrícula para ESO e 1º de Bacharelato do 01 ao 10 de xullo e para 2º curso de Formación Profesional do 25 de xuño ao 08 de xullo. Para organizar este calendario, e manter as medidas de hixiene e seguridade, estableceremos turnos de matrícula por niveis.

  • 1º e 2º de EDUCACIÓN SECUNDARIA: 01- 02 - 03 de xullo.
  • 3º e 4º de EDUCACIÓN SECUNDARIA: 06 - 07 de xullo
  • 1º e 2º de BACHARELATO: 08 – 09 - 10 de xullo.
  • 2º de FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: 26 – 29- 30 de xuño.
  • 2º de CICLOS FORMATIVOS ( 2º de CM e 2º de CS): 26 - 29 - 30 de xuño
  • A atención ao público será desde as 09:00 horas ata as 14:00 horas.

Para realizar o proceso de matrícula seguiremos as instrucións de hixiene e sanitarias: solicitantes en fila, con separación de 1,5 metros, obrigatorio a utilización de mascarillas na entrada ao centro. Existirán hidroxeles a disposición do público

Distribuir contido