FALTAS DE ASISTENCIA

 

1.- Xustificaranse as faltas nun prazo máximo de tres días desde a súa incorporación ás clases, entregando o xustificante ao/á titor/a, podendo admitirse xustificantes excepcionalmente dentro do mes. Utilizarase o impreso oficial de xustificación do centro (Xustificación de faltas de asistencia) ou outro xustificante oficial (médico, xurídico,..).

2.- As faltas reiteradas de asistencia, tanto xustificadas como non, seranlle comunicadas aos pais/nais/ titores/as unha vez no mes. No caso de alumnado reincidente e con alto grao de absentismo escolar, as comunicacións aos pais, nais ou titores/as legais farase de xeito inmediato, por teléfono ou por escrito.


3.- Con independencia da súa xustificación cando un/ unha alumno/a falte a máis do 10% das horas totais dunha materia ou módulo previstas para o curso no caso de alumnado de ciclos formativos e do 15% para o resto das ensinanzas e sexa imposible a aplicación correcta dos criterios xerais da avaliación continua, o profesorado deberá empregar os instrumentos de avaliación específicos que determine o Departamento para realizar a avaliación do período que corresponda. O profesorado comunicará tal circunstancia ao/á titor/a do grupo e este aos/ás pais/nais do alumnado e á Xefatura de Estudos.


4.- O alto grao de absentismo escolar, levará a xefatura de estudos a activar o protocolo sobre absentismo escolar.

 

Podes descargar o modelo de xustificante de faltas de asistencia ás clases, en formato pdf (para imprimilo e cubrilo a man), pinchando nesta ligazón.

Se o prefires en formato de Microsoft Word pincha nesta outra.

O alumnado deberá entregalo ao seu profesor/a titor/a asinado polo pai, nai ou responsable legal.