ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

 

1.- As actividades extraescolares constitúen un complemento necesario das propiamente docentes de cara á consecución da formación integral do alumnado. A súa programación, organización e desenvolvemento axustarase ao disposto nos artigos 61 a 70 dos ROIES, nos puntos 20 a 25 da Orde do 1 de agosto de 1997.


2.- As actividades extraescolares son de carácter voluntario e están abertas á participación de tódolos sectores da Comunidade educativa, aínda que preferentemente a profesorado e alumnado. 


3.- Con carácter xeral as actividades complementarias serán realizadas durante o horario lectivo e polo tanto están obrigados a participar nas mesmas aqueles alumnos e alumnas para os que se programaron. Non obstante poderá eximirse ao alumnado da participación naquelas actividades que supoñan un desembolso económico para os mesmo.

Podes descargar a AUTORIZACIÓN en PDF na seguinte ligazón: