Actividades

Para as actividades propostas dende normalización lingüística

MULLER E POESÍA NAS LETRAS GALEGA

Se queredes ver os fermosos traballos feitos polo noso alumnado para ilustrar os poemas de Xela Arias só tedes que premer na imaxe da portada.

IV Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o IV Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.

Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.

Podes ler as bases deste IV Concurso no seguinte enlace (PDF).

Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com

O prazo para concursar é dende o 23 de abril ata o 17 de maio.

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Acto de presentación 21 días co galego e +

 

21 días co galego e +

Comezou o proxecto 21 días co galego e máis. Aquí está o noso vídeo de presentación. Graciñas a toda a comunidade educativa que colaborou na súa gravación e ao grupo Nao por permitirnos empregar a súa canción.
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ 

I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba

A nosa alumna Andrea Sanjurjo Martínez acaba de gañar o I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba de Cospeito na modalidade de menores de 18 anos. Que orgullo!!! https://www.elprogreso.es/…/xesu…/201812022048461347420.html
 

  


Concurso de felicitacións de ano novo

Continuamos coa sección Aulas de inverno, que comezamos o curso pasado, animando ao noso alumnado a que deseñe a súa tarxeta para felicitar o ano novo. A tarxeta gañadora será a que se empregará para felicitar a toda a comunidade educativa. Podedes consultar aquí as bases:

 
 
 
 

Literatura contra o maltrato

O último dos actos desenvolvidos no noso centro para sumarnos á loita contra a violencia machista foi unha exposición de textos e un maratón de lectura. Graciñas a Carmen Navarro Ilustración por deixarnos usar unha das súas obras na portada do vídeo e a toda a comunidade educativa que colaborou con esta actividade. Agardemos que nun futuro non moi lonxano non teñamos xa que lembrar o 25 de novembro.

 
 

Eneálogo contra o machismo

No IES Pontepedriña, quixemos que o alumnado reflexionase sobre aquelas condutas que poderían considerarse machistas, co gallo de facer un eneálogo a xeito de denuncia. Estamos máis que satisfeitxs co resultado!!!

O curruncho das escritoras. Arantza Portabales

Este curso queremos continuar a actividade que iniciamos a ano pasado chamada O Curruncho das Escritoras. Desta volta, temos a sorte de contar coa autora galega nada en Donostia, Arantza Portabales. O martes 6 de novembro ás 16:30 o noso alumnado de 1º Bacharelato terá ocasión de resolver as dúbidas que lle xurdiron ao ler Deixe a súa mensaxe despois do sinal. De seguro será unha análise da súa obra moi interesante.
 
 

Samaín 2018 (ii)

Velaquí o Samaín no IES Pontepedriña:

 

 

 

Descargar todas as fotos

Distribuir contido