FCT Extranxeiro

 

ACCESO:

Para realizar a FCT é  necesario ter superados previamente tódolos módulos do Ciclo agás o Modulo de Proxecto.

 

DURACIÓN:

Ciclo Superior de Comercio Internacional: 384 horas (48 xornadas).

Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais: 384 horas (48 xornadas).

Ciclo Medio de Actividades Comercias: 410 horas (52 xornadas).

 

HORARIO DE TRABALLO:

Durante o período de realización da FCT, o horario do alumnado adaptarase ao horario laboral que teña establecido a empresa. A permanencia  media   será de 40 horas semanais.

 

FALTAS DE ASISTENCIA:

As faltas de asistencia xustificadas (enfermidade, asuntos oficiais) non poderán superar o 10% das horas totais de duración da FCT. Deberán ser comunicadas a persoa titora no Centro Educativo e á empresa.

 

REUNIÓNS NO CENTRO EDUCATIVO:

Para o seguimento da FCT o alumnado será convocado a reunións quincenais no Instituto. Estas reunións son de asistencia obrigatoria.

 

EXENCIÓN:

Para solicitar exención como norma xeral é necesario haber  traballado e cotizado un mínimo de 12 meses  realizando unha actividade relacionada cos contidos do Ciclo Formativo cursado.

O alumnado interesado deberá presentar na secretaría do Instituto:

a.- Solicitude.

b.- Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.

c.-  Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

 

FCT NO EXTERIOR:

O alumnado interesado poderá participar nas convocatorias ERASMUS (prazas limitadas) para facer a FCT no estranxeiro.

Asimesmo,  con autorización da Consellería, poderá realizarse a FCT no exterior en empresas propostas polo alumnado ou polo Centro Educativo.

 

 

AXUDAS:

A través da Coordinacion da FCT procederáse a solicitar axudas para gastos ocasionados polo desprazamento do alumnado.

Non terá dereito a  axudas as persoas  que se atopen nas seguintes situacións:

  1. A empresa na que realiza a FCT está domiciliada en Santiago de Compostela (por ser o Concello no que se atopa o Instituto)
  2. A empresa está situada no Concello onde ten o seu domicilio o alumnado.

 

A modo indicativo sinalar que a axuda concedida no ano 2016 foi de 96 €.

 

O alumanado que  realice a FCT no exterior poderá solicitara xudas que par ao ano 2016 estaban establecidas nas seguintes cantidades (Orde 28 de abril de 2016)

 

País

Contía base

Contía
por semana

Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía

100 €

60 €

Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa

150 €

100 €

Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia

200 €

125 €

 

NORMATIVA:

Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 28 de abril de 2016 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo