CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023.24

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. ( Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).

  • VACACIÓNS DE NADAL: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.
  • SEMANA SANTA: desde o día 25 de marzo ata o 01 de abril de 2024, ambos inclusive.
  • ENTROIDO: días 12,13 e 14 de febreiro de 2024.
  • DÍAS FESTIVOS: Son días festivos os así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita consellería: 12 de outubro, 01 de novembro, 06 e 08 de decembro de 2023 e 17 de maio de 2024. En Santiago a Ascensión, día 09 de maio de 2024.
  • DÍAS NON LECTIVOS: Día do ensino: 07 de decembro de 2023. O día elexido polo centro é o 10 de maio de 2024.


DESCARGA NESTA LIGAZÓN O CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024.