FONDO DE LIBROS DA A.M.P.A DO IES A PONTEPEDRIÑA

 

Estimados/as pais/nais/titores legais dos/as alumnos/as do IES A Pontepedriña:

A AMPA do IES A Pontepedriña leva desenvolvendo nos últimos anos un fondo de libros de texto en préstamo que se enche coas donacións que facedes ao remate de cada curso.

Estos fondos son moi limitados e para poder prestalos nas mellores condicións, debemos de coordinar o seu préstamo cos outros fondos que posue o Instituto. O Instituto ten dous fondos: un chamado Fondo Solidario, que depende da Consellería de Educación, e outro propio do Instituto.

Para non solapar os tres fondos, o procedemento que vamos a seguir durante o curso 2018-19 é o seguinte:

 

  1. O reparto do fondo da AMPA vai estar coordinado pola Dirección do IES A Pontepedriña.

  2. As solicitudes faranse no modelo de impreso que se acompaña.

  3. O prazo de entrega da solicitude será do 03 de setembro ata o día 07 de setembro, ás 14:00 horas. A entrega realizaráse na Secretaría do IES.

  4. O reparto dos libros ao alumnado será despois do día 17 de setembro.

 

Criterios que utilizará a AMPA para o prestamo.

 

Os criterios que se seguirán para o reparto serán os seguintes:

  • Ter doado libros ao fondo da AMPA para o seu préstamo.

  • Ser socio da AMPA.

  • Resto de alumnado.

  • Se os/as alumnos/as reciben libros do Fondo Solidario da Consellería de Educación, intentarase que complementen os deste fondo.

  • Se os/as alumnos/as reciben libros do Fondo do Centro, intentarase que complementen os deste fondo.

 

Para descargar o impreso de solicitude prema aquí.