Listaxes de Alumnado por Grupos e Fondo Solidario de Libros de Texto

IES Pontepedriña

                           Fondo Solidario de Libros de Texto  

 

                                          (premer sobre Libros de Texto  para consultar as listaxes)

                                               dependendo da velocidade da súa conexión á rede, a descarga pode demorar máis tempo do agardado

 

 

Listaxes de Alumnado por Grupos

CURSO 2016-2017

 

(PARA ACCEDER ÁS LISTAXES PREMER SOBRE O GRUPO)

 

Grupos de ESO 1º Ciclo

 

1ºR 1ºS 1ºT 2ºR 2ºS 3ºA 3ºB

 

Grupos de ESO 2º Ciclo

 

4ºA 4ºB

 

Grupos de Bacharelato Primeiro Curso

 

1ºA 1ºB 1ºC 1ºD

 

Grupos de Bacharelato Segundo Curso

 

2ºA 2ºB 2ºC

 

 

 

 

Lista Provisional de Admitidos para préstamo de libros a día 12 de setembro de 2016

Premendo nesta ligazón poderá acceder ao ficheiro en formato .pdf coa listaxe provisional de admitidos para préstamo de libros

Inicio de Curso

IES PONTEPEDRIÑA CURSO 2016-17 CALENDARIO DE INICIO DE CURSO

 

15 DE SETEMBRO:

12:00 PRESENTACIÓN DE ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO.

13:30 PRESENTACIÓN DE ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

 

16:30 PRESENTACIÓN NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES DOS CICLOS FORMATIVOS DE F.P. 2º CURSO.

17:00 PRESENTACIÓN CICLOS FORMATIVOS, 1º CURSO.

 

AS CLASES COMEZARÁN O DÍA 16 DE SETEMBRO NO SEU HORARIO HABITUAL ( COMEZO DAS CLASES EN CICLOS ÁS 14:50 ).

 

16 DE SETEMBRO:

08:45: INICIO DAS CLASES EN BACHARELATO

09:35: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO. CONTINÚAN NO CENTRO E TEÑEN CLASES ATA AS 14:25 HORAS.

11:35: PRESENTACIÓN DO DE 2º DE ESO. CONTINÚAN NO CENTRO E TEÑEN CLASES ATA AS 14:25 HORAS.

12:45: PRESENTACIÓN ALUMNADO DE 1º DE ESO, ACOMPAÑADOS DOS PAIS/NAIS. CONTINÚAN AS CLASES ATA AS 14:25 HORAS.

OS ALUMNOS/AS DO IES TERÁN TRANSPORTE ESCOLAR A SAÍDA DA XORNADA ESCOLAR.

19 DE SETEMBRO:

 

EMPEZARÁN AS CLASES EN XORNADA DE MAÑÁ ÁS 8:45 E O TRANSPORTE ESCOLAR TERÁ O SEU HORARIO HABITUAL.

Fondo Solidario e Cheques

O IES PONTEPEDRIÑA

INFORMA:

  • QUE AS ADXUDICACIÓNS DOS LIBROS CONCEDIDOS PARA 1º E 3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA POLA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO SEU PROGRAMA DE PRÉSTAMO, NON PODERÁ SAÍR ATA O DÍA 15 DE SETEMBRO.
  • A dirección do IES é coñecedora dos problemas que este feito produce nas familias (non saben cantos libros teñen concedidos, nin cales son), pero non é responsabilidade do Centro. Son as instrucións que da a Consellería e é imposíbel xerar ningún listado na aplicación correspondente.
  • A día 12 de setembro o único que podemos publicar son as listaxes provisionais de admitidos. *

Agardamos podan desculpar as molestias ocasionadas.

 * Poden consultar esta listaxe premendo nesta LIGAZÓN

 

 

SANTIAGO, 12 DE SETEMBRO DE 2016

Exames de Setembro

Premendo nos seguintes enlaces accedese aos horarios dos exames de setembro:

Exames de ESO

Exames de Bacharelato

Exames de Pendentes

Se se quere ver o calendario completo premede aquí

Libros de texto de ESO e bacharelato para o curso 2016-2017

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2016-2017 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso*.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais, de número de alumnado, necesarias para poder impartila.

*  Corrección de erros

Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO. O ISBN de Bioloxía e Xeoloxía de Editorial Santiallana é o seguinte: 978-84-8224-999-5.   O ISBN do libro de Biology & Geology de Oxford é o seguinte: 978-84-673-5374-7.

 

 

 

Benvida: 25 anos do IES Pontepedriña

Cartel 25 anos
 


 

Benvido/a ao sitio web do IES Pontepedriña, de Santiago de Compostela. Emprega os menús laterais para informarte sobre o noso centro e as ensinanzas que nel se imparten, ou para acceder aos documentos que son de interese para os membros da nosa comunidade educativa e relacionados co funcionamento xeral do centro. Se o que buscas son contidos de tipo didáctico entón accede á nosa aula virtual. Se desexas poñerte en contacto con nós, podes empregar calquera das vías que atoparás nesta ligazón.
 

O curso pasado celebramos os 25 anos de existencia do noso centro. Para favorecer o contacto entre o antigo alumnado existe unha páxina e un grupo en facebook.

 

 
 

Recomendación de lectura para o verán

Se premes na imaxe descargas a guía de verano da biblioteca.
Disfruta do verán e da lectura!!!

Remembering

Recordos, momentos cando menos diferentes e un pouco de nostalxia... Todo iso,  e un montón de fotos e vídeos, hai nos artigos subidos por Raquel a sección de inglés. Para velos preme aquí

Primeira Lingua

No blogue "Primeira Lingua", levado polo alumnado de 1º da ESO de Lingua Galega, están recollidos os traballos realizados en homenaxe a Manuel María, protagonista do Dia das Letras Galegas de 2016.

Premendo sobre a imaxe podedes acceder ao blogue

primeira lingua
Distribuir contido