NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN ( Orde do 25 de xaneiro de 2022)

O IES A Pontepedriña informa que o abeiro da Orde do 25 de xaneiro de 2022 ( DOG do 11 de febreiro de 2022) publicaronse os novos criterios para a promoción e titulación do alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.

A aplicación desta orde tamén supón modificacións nas programacións didácticas dos departamentos. No apartado "Departamentos" poden consultar esas modificacións.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS BOLSAS DE ESTUDO DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023

Estas bolsas están dirixidas o alumnado de Bacharelato, Formación profesional de grao Básico (FPB), Formación profesional de grao Medio e grao Superior.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

ADMISION ALUMNADO. CURSO 2022-23

Finalizado o proceso de reserva para o alumnado dos centros adscritos (o alumnado procedente dos centros adscritos tanto para 1º de ESO como para 1º de Bacharelato teñen praza no centro e non teñen que realizar ningún trámite), ábrese o prazo do procedemento de admisión.

 

Listado de vacantes para o curso 2022-23 (preme AQUÍ)

 

Prazos de solicitude e resolución (preme AQUÍ)

 

Documentación que hai que presentar para pedir praza.

  • Modelo de solicitude (preme AQUÍ)
  • Copia do DNI
  • Certificado de matrícula no curso actual.

 

Outra documentación que hai que presentar (só no caso de máis solicitudes que prazas e teñamos que baremar).

 

  • A correspondente que figura no Decreto de Admisión (preme AQUÍ)
Lexislación que regula a admisión:
 
  • Decreto de Admisión do 11 de febreiro de 2022 (Preme AQUÍ)
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (Preme AQUÍ)

CONCURSO DE PAPIROFLEXIA

O próximo 14 de marzo celébrase o día internacional das matemática, por ese motivo o Departamento de Matemáticas do IES A Pontepedriña organiza un concurso de papiroflexia aberto a todo o alumnado da ESO do instituto.

Os participantes deberan construír unha figura matemática utilizando construcións modulares con papiroflexia, como as que aparecen nos seguintes enlaces:

 

Actividade de demostración nos recreos:

Os días 22 e 25 de febreiro e 4 de marzo, durante o primeiro recreo, haberá unha formación no laboratorio de Física e Química (no segundo andar)onde se explicará como pregar e montar algunhas destas figuras.

 

Día do concurso:

O concurso realizarase a tarde do día 8 de marzo, entre as 17:20 e as 18:10 no laboratorio de Física e Química.  Que será cando os participantes deben pregar e montar a peza que presentan.

Ese día os participantes: 

  • Pregaran polo menos 8 módulos de todos os que necesite para facer a súa peza.
  • Montaran a peza.
  • Escribirán un pequeno texto relativo á peza presentada (porqué se seleccionou, características reseñables, etc..)

 

Inscrición:

Se estás interesado e desexas inscribirte preme no seguinte enlace e cubre os datos que se piden:

 


 

Formulario de inscrición

 


 

A data límite para inscribirse é o 3 de marzo.

Todas as figuras participantes serán expostas na Entrada do instituto o día 14 de marzo.

COMUNICADO DO IES A PONTEPEDRIÑA

A comunidade educativa do IES A Pontepedriña lamenta a perda dun dos seus exalumnos, Bran Diéguez Rodríguez, nun accidente no día de hoxe, 13 de xaneiro de 2022.

Bran Diéguez Rodríguez foi alumno deste centro desde o curso 2011/2012 ata o curso 2016/2017. Cursou neste IES toda a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato.

Queremos expresar as nosas sentidas condolencias á súa familia por tan irreparable perda. Sempre estará no noso recordo pola súa intelixencia, traballo, participación en todas as actividades, cordialidade e humor.

LIBROS EN PRÉSTAMO DO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes de libros concedidos.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

O reparto dos mesmos producirase entre os días 20 e 22 de setembro, agás os libros que teñan que ser mercados ante a falta de existencias (nestes casos pode existir unha demora de varios días).

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-22

O IES A Pontepedriña publica as listaxes de alumnado por grupos. Para axustarse a Lei de protección de datos, nas mesmas tan só figura o NIF ou NIE. No caso que non figure o NIF ou NIE ( na maioría dos casos por non figurar nos impresos de matrícula) aparece o número de expediente. Se non ten ese número pode chamar a Secretaría do centro e facilitaranlle a información.

Para ver as listaxes prema aquí.

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO 2021-22

Estimados/as alumnos/as, pais/nais, coa idea de mantervos informados/as ante o inicio de curso, O IES A Pontepedriña comunica:

  • Non foi autorizado pola Consellería o horario que tiñamos no curso 2020-21. O alumnado de ESO e Bacharelato terá o seguinte horario:
  • Comezo das clases ás 08:45 horas e remate as 14:25 horas todos os días da semana. Os martes pola tarde horario de 16:30 horas ata 18:10 horas.
  • O alumnado de Formación Profesional mantén o horario existente.
  • As presentacións realizaranse os días 15, 16 e 17 de setembro. O día 15 presentarase o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º de Ci clos Formativos, nas modalidades ordinaria e Dual; o día 16 presentarase o alumnado de 1º de Bacharelato, 3º e 4º de ESO e 2º de Ciclos Formativos e 2º de CS de Marketing e Publicidade a Distancia (presentación telemática) e o día 17 presentarase o alumnado de 2º de Bacharelato e 1º e 2º de Formación Profesional Básica. Para ver o calendario de presentación polo miudo prema aquí.
  • As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 13 de setembro. Todas as familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta publicaranse o día 14 de setembro.
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo do IES e Fondo da AMPA publicaranse o día 15 de setembro.
  • O reparto dos libros o alumnado realizarase entre os días 20 e 22 de setembro.
  • O día 15 o transporte escolar non funcionará a primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 16 de setembro funcionará con normalidade.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA. CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO.

O IES A Pontepedriña informa do calendario para a primeira quincena do mes de setembro. Para acceder o calendario prema aquí.

O comezo do curso será o 15 de setembro. O horario e días de presentacións publicarase o 10 de setembro.

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21.

O IES A Pontepedriña publica o calendario e horarios das probas Extraordinarias de setembro. Estas probas desenvolveranse  os días 01 e 02 de setembro de 2021 para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, 1º de Formación Profesional Básica e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e Ciclo Superior de Xestión e vendas, ambos na modalidade DUAL.

- Calendario probas extraordinarias de setembro de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de Bacharelato.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de 1º de F.P.B.
- Calendario probas extraordinarias de setembro Ciclos Formativos da modalidade de DUAL.

Distribuir contido