CONCURSO DE PAPIROFLEXIA
O próximo 14 de marzo celébrase o día internacional das matemática, por ese motivo o Departamento de Matemáticas do IES A Pontepedriña organiza un concurso de papiroflexia aberto a todo o alumnado da ESO do instituto.
Os participantes deberan construír unha figura matemática utilizando construcións modulares con papiroflexia, como as que aparecen nos seguintes enlaces:
- http://www.matematicasvisuales.com/html/geometria/construccionpoliedros/origami.html
- https://www.iesbahiadebabel.com/proyectos/rendimiento/assets/pdf/papiroflexia_modular.pdf
- https://origami-resource-center.com/modular/
- https://origami-resource-center.com/origami-stars/
Actividade de demostración nos recreos:
Os días 22 e 25 de febreiro e 4 de marzo, durante o primeiro recreo, haberá unha formación no laboratorio de Física e Química (no segundo andar)onde se explicará como pregar e montar algunhas destas figuras.
Día do concurso:
O concurso realizarase a tarde do día 8 de marzo, entre as 17:20 e as 18:10 no laboratorio de Física e Química. Que será cando os participantes deben pregar e montar a peza que presentan.
Ese día os participantes:
- Pregaran polo menos 8 módulos de todos os que necesite para facer a súa peza.
- Montaran a peza.
- Escribirán un pequeno texto relativo á peza presentada (porqué se seleccionou, características reseñables, etc..)
Inscrición:
Se estás interesado e desexas inscribirte preme no seguinte enlace e cubre os datos que se piden:
A data límite para inscribirse é o 3 de marzo.
Todas as figuras participantes serán expostas na Entrada do instituto o día 14 de marzo.