Seguro escolar

 

SEGURO ESCOLAR

 

  • A cota do  Seguro Escolar debe ser aboada polo alumnado menor de 18 anos que se matricule en 3º ou 4º de E.S.O. , 1º ou 2º de Bacharelato e ciclos formativos. Esta cota será aboada cando se formalize a matrícula.
  • A cantidade a aboar: 1,12 euros.
  • Ademais de aboar a cuota correspondente, é necesario ser titular dun Número de Afiliación á Seguridade Social (NUSS).
  • Para conseguir o NUSS é necesario cumprimentar o formulario TA.1 e  presentalo xunto cunha copia do DNI do alumno, na secretaría do IES A Pontepedriña, no momento da matrícula, ou na Tesourería da seguridade social.
  • Enlace o formulario TA.1: http://www.seg-social.es/prdi00/groups/public/documents/binario/37826.pdf
  • Cando reciban no seu domicilio a tarxeta co NUSS, deberán facer unha fotocopia e entregala na secretaría do IES A Pontepedriña.

 

Protocolo de actuación en caso de accidente escolar

 

Alumnado de 1º ou 2º de E.S.O.

Estos alumnos e alumnas non están cubertos polo Seguro Escolar do centro.

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a da materia, profesorado de garda, xefatura de estudos e na Secretaría.
  • O feito poráse en coñecemento dos pais.
  • No caso que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencia 112.
  • Un/unha profesor/a ou responsable do centro acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais. 
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria nos Centro de Saúde ou no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
  • O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda. 
  • A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a. 
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES A Pontepedriña para a súa posterior tramitación.

Alumnado de 3º ou 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a da materia, profesorado de garda, xefatura de estudos e na Secretaría.
  • O feito porase en coñecemento dos pais. 
  • No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112. 
  • Un/unha profesor/a ou responsable do centro acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais. 
  • A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde , no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). 
  • Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES A Pontepedriña o parte de asistencia médica. 
  • A prestación será cuberta polo Seguro Escolar. 
  • No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES A Pontepedriña para a súa posterior tramitación.