NOVOS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E NOVAS TAREFAS PARA O ALUMNADO

O IES A Pontepedriña, ao abeiro das Instrucións da Consellería de Educación do 27 de abril de 2020,  publica os novos criterios de avaliación, así como os novos tipos de tarefas a realizar durante o 3º trimestre.

As tarefas serán de dous tipos:

  • Tarefas de recuperación das avaliacións suspensas e das materias pendentes de anos anteriores.
  • Tarefas de repaso, reforzo e ampliación que permitirán mellorar a cualificación final do curso.

 

Os criterios de avaliación dos Departamentos didácticos enmárcanse nos criterios xerais de centro.

Os Departamentos didácticos aclararán nas súas instrucións as tarefas a realizar, como se cualifican esas tarefas e cal é o seu peso na cualificación final de cada materia.

Para ver en detalle os criterios xerais de centro e os criterios de cada Departamento didáctico ir ao apartado DEPARTAMENTOS /Tarefas de recuperación, repaso e ampliación e criterios de cualificación ou prema aquí.
 
Para Formación profesional débese ir a FORMACIÓN PROFESIONAL/ Tarefas de recuperación, repaso e ampliación e criterios de cualificación ou prema aquí.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O profesorado do IES A Pontepedriña está traballando para adaptar as programacións didácticas e os criterios de recuperación e avaliación ás novas instrucións do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación para o 3º trimestre, que se están a coñecer estes días.

Por este motivo, entre o 23 de abril e o 29 de abril, imos actualizar estes criterios e as novas tarefas para o alumnado e o día 30 de abril serán publicadas.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS EN RELACIÓN A 2ª AVALIACIÓN

O IES A Pontepedriña informa que a Consellería de Educación da por pechada a 2ª avaliación. Só son avaliables as actividades, probas,… realizadas ata a data na que se declarou o estado de alarma.

Avaliaremos ao alumnado o día 30 de marzo. Os/as Titores/as dos grupos comunicarán ás familias e alumnado o resultado do proceso de avaliación a través de ABALAR, correo electrónico, teléfono ou calquera outro medio de comunicación e resolverán as dúbidas que teñan sobre este proceso.

As familias que teñen ABALAR recibirán automaticamente as cualificacións o día 31 de marzo ás 10:00 horas.

A dirección do centro estará á súa disposición para resolver todo tipo de dúbidas ou situacións que se poidan xerar.

INFORMACIÓN SOBRE A SAÍDA EXTRAESCOLAR A DUBLÍN

O departamento de Inglés informa que a excursión que se ía a realizar a Dublín entre o 14 e 19 de abril queda suspendida. 

Cando as condicións do país e internacionais o permitan, e voltemos ás clases con normalidade, retomaremos esta actividade e convocaremos ás familias dos alumnos e alumnas para informarlles.
 
Sentimos as Molestias.

 

INFORMACIÓN DO IES A PONTEPEDRINA ANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA PRESENCIAL

Estimados/as país, nais e alumnado do IES A Pontepedriña:

Como xa coñecedes, estamos en estado de alarma. Isto implica a suspensión das actividades lectivas presenciais e o peche do centro educativo.

No centro, seguindo as instrucións recibidas e durante todo o período de peche, estará un cargo directivo.

A súa presenza no centro NON significa que o IES A Pontepedriña atópese aberto e que poida atender presencialmente as vosas preguntas, dúbidas ou realizar funcións administrativas.

O centro está fechado para todas as persoas alleas ao mesmo.

A presenza dun cargo directivo no centro garante a atención das preguntas e dúbidas que poidades ter. Estas dúbidas poden exporse a través do correo electrónico (ies.pontepedrina@edu.xunta.gal) ou pola páxina web (apartado de Familias/Contacto co profesorado).

 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE O PERIODO DE PECHE

Entre o luns e o martes (16 -17 de marzo), subiremos á páxina web información para o alumnado e as actividades a realizar. Aqueles/ as que teñades libros ou cadernos nas clases, non poderedes ir buscalos pois o peche do instituto é unha medida contemplada no Decreto de alarma e serve para protexer a todos de posibles contaxios.

As actividades e información das diferentes materias e cursos atoparase no bloque DEPARTAMENTOS (na columna da dereita da páxina). Dentro deste bloque están todos os departamentos. Entrando en cada un deles atoparedes a información por materias e grupos.

Para o alumnado de Ciclos Formativos, a información atoparase no Bloque FORMACIÓN PROFESIONAL (columna da dereita da páxina).

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA CURSO 2020-21

 

Entre os días 01 e 20 de marzo de 2020, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación admisionalumnado ou cumprimentarse na mesma aplicación.


2.- Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

3.- Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etpa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.

4.- Tamén se debe manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).

5.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

6.- Se existisen máis solicitudes que prazas, os/as alumnos/as serán baremados segundo recolle a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

7.- De existir empate na puntuación, a Resolución de 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013  recolle as letras de prioridade do sorteo que tería que facerse. As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "E" e "X".

 

VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN.

CURSO 2020-21

 

CURSO

VACANTES

1º DE ESO

23

2º DE ESO

0

3º DE ESO

0

4º DE ESO

2

 


1º DE BACHARELATO -MODALIDADE DE CIENCIAS

 

0

 


1º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0

 


2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE CIENCIAS

 

23

 

2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

05

PROCESO DE RESERVA DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2020-21

Finalizado o día 17 de febreiro de 2020 o proceso de reserva  de alumnos/as procedentes de centros adscritos, o IES A Pontepedriña informa:

Todas as solicitudes presentadas desde os centros adscritos para 1º de ESO e 1º de Bacharelato, foron admitidas.

As listaxes co alumnado admitido, en virtude da lei de protección de datos, serán publicadas no IES A Pontepedriña, nos seus taboleiros interiores.

Non se dará ninguna información telefónica sobre estas listaxes. Desculpen as molestias.

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA DE GALICIA. CURSO 2019-20. LISTAS DEFINITIVAS DE LIBROS CONCEDIDOS.

 

As seguintes listaxes corresponden a concesión de libros para los alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria a través do sistema Fondo de libros da Xunta de Galicia. Non están contempladas nas mesmas nin os fondos do centro nin os fondos da AMPA. Estos fondos serán publicados entre o día 18 e 19 de setembro.

 

Os libros serán repartidos entre o mércores, día 18 e o venres, dia 20 de setembro. Os fondos que o centro posue permite entregar casi todos os libros os/as alumnos/as que teñen as concesións. Un número reducido deles pode verse afectado pola falta de fondos e a necesidade de encargalos as librerías e/ou editoriais. Isto pode retrasar a entrega dalgúns libros.

LISTAS PROVISIONAIS DE GRUPOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO. CURSO 2018-19

 
As presentes listas de alumnos e alumnas son provisionais e están sometidas a posibles modificacións e/ou incorporacións. Nas mesmas poden existir erros: alumnos/as non incorporados, apelidos ou nomes errados... Todos os erros que se detecten deben ser comunicados a Secretaría do centro para a súa corrección. As peticións de cambio de grupo se farán por escrito (recoller o impreso en Secretaría), dirixidas o director e fundamentadas. Todas serán estudiadas e comunicarase o/a alumno/a o cambio. O prazo de entrega de peticións será do 17 ao 20 de setembro, ambos incluídos. A resposta a mesma darase antes de finalizar o mes de setembro.

•        Grupos de Educación Secundaria e Bacharelato

Distribuir contido