INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

 

Convócase a todos/as os/as alumnos/as SOLICITANTES para Formación Profesional DUAL do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais a UNHA REUNIÓN NO IES A PONTEPEDRIÑA, O VENRES, 06 DE SETEMBRO, ÁS 11:00 HORAS.

Lugar: Salón de actos do IES A Pontepedriña.

A asistencia é obrigatoria. 


PROCESOS SELECTIVOS DAS EMPRESAS PARA ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL. CICLO SUPERIOR

Ciclo Superior de Xestión e vendas
 

  • DÍA 06 DE SETEMBRO, ás 12:00 horas: Grupo Wolkswagen
  • DIA 10 DE SETEMBRO, as 11:00 horas: Media Mark.
  • DIA 10 DE SETEMBRO, as 11:00 horas:: Leroy Merlin.

HORARIO DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA

 

DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2019

 

11:30 a 12:30 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO. ( o remate da mesma marchan do centro ata o día 17 de setembro, martes).

12:30 a 13:35 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO ( continúan no centro ata as 14:25).

13:00 a 14:25 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO.

16:30 a 18:00 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

 As presentacións realizaranse no Salón de Actos do IES.

CALENDARIO DOS MESES DE SETEMBRO E OUTUBRO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CURSO 2019-20

 

MES DE SETEMBRO.

  • PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO: 02 e 03 de setembro.

  • AVALIACIÓNS: 04 de setembro.

  • ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS: 05 de setembro ( 09:30 horas). Os alumnos/as do centro deben vir a recoller as súas cualificacións e si teñen libros en préstamo do Fondo Solidario ou dos Fondos do IES e AMPA, entregaranse os/as titores/as. 

  • RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS: 05 e 06 de setembro. ( desde as 11:00 horas do día 05 ata as 14:00 horas do día 06).

    • 09:30 – 12:00 horas do día 05 de setembro: Petición de revisión de exames.

    • 09:30 – 14:00 horas dos días 05 e 06 de setembro: Revisión de exames e presentación de reclamacións aos Departamentos.

    • Os/as reclamantes deberán cubrir impreso de solicitude de revisión en Secretaría.

  • MATRÍCULA DE SETEMBRO: 05 e 06 de setembro ( desde as 10:00 horas do día 05 ata as 14:00 horas do día 06). 

  • LISTAXES DE GRUPOS: 12 de setembro. ( exposición pública no IES e na web do centro).

  • PRESENTACIÓN DO ALUMNADO: 16 de setembro.

  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: 14 de setembro.

  • REPARTO DE LIBROS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA FONDO LIBROS: do 16 0 20 de setembro ( os libros mercados como incremento- dependemos do suministro dos mesmos- poden retrasarse).

  • REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES/AS DOS GRUPOS: Entre 23 e 27 de setembro ( organizarase un calendario por niveis e grupos).

MES DE OUTUBRO.

  • AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 01 e 04 de outubro ( avaliacións: dias 07 e 08 de outubro)

  • REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 14 e 18 de outubro. As reunións serán individualizadas e so se convocará as familias que precisen ser informadas.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019-20

Publícanse as listas de admitidos, excluidos e pendentes para a concesión de axudas de material escolar para o curso 2019-20.
Os/as alumnos/as que se atopen en situación de pendentes, teñen pendente de realizar a súa matrícula. Ao formalizar a matrícula en setembro, sairá unha nova listaxe de entrega de vales.

Desde o día 16 de xullo e ata o día 31 poderán recollerse no centro os vales.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2019-20

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2019-2020 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.
 

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE F.P DUAL

Día 09 de xullo, ás 10:00 horas

 Reunión obrigatoria para os/as solicitantes de prazas nos Ciclos Superior de Xestión e Vendas e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios na modalidade DUAL.

PROCESOS SELECTIVOS DAS EMPRESAS
 

Ciclo Superior de Xestión e vendas
 
  • DÍA 10 DE XULLO, ás 10:00 horas: Grupo Wolkswagen
  • DIA 11 DE XULLO, as 10:00 horas: Media Mark.
  • DIA 11 DE XULLO, as 10:00 horas: Leroy Merlin.


Ciclo medio de Comercialización de produtos alimentarios

  • DIA 09 DE XULLO, as 11:30 horas: Vegasa.
  • DÍA 10 DE XULLO, ás 10:00 horas: Carrefour.
  • DÍA 10 DE XULLO, ás 10:00 horas: El Corte Inglés.
  • DÍA 11 DE XULLO, ás 10:00 horas: Gadisa.
  • DÍA 11 DE XULLO, ás 10:00 horas: Auchan Retail.

REUNIÓN ALUMNOS E ALUMNAS DOS CICLOS DE F.P. DUAL

Convócase a todos/as os/as alumnos/as admitidos para Formación Profesional DUAL do Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais a UNHA REUNIÓN NO IES A PONTEPEDRIÑA, O MARTES, 09 DE XULLO, ÁS 10:00 HORAS. Lugar: Salón de actos do IES A Pontepedriña.

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2018-19

ESO, 1º FP BÁSICA e BACHARELATO

 

21 xuño: Último día de clase en 1º Bacharelato e FP Básica e ESO.

  • As clases rematarán ás 10:25.
  • 10:25-13:00: ACTIVIDADES
  • Os autobuses do transporte escolar recollerán o alumnado ás 13:15

25 de xuño:

  • 09:30: Entrega cualificacións 1º Bacharelato, FP Básica e ESO.
  • Os/as titores/as recollerán os libros que o alumnado teña en préstamo. Ao alumnado que deba examinarse en setembro dalgunha materia seranlle devoltos os libros de texto que necesite despois de comprobado o seu estado de conservación. Eses libros de texto deberaos entregar no momento de recibir o boletín de cualificacións de setembro.
  • Ao alumnado aprobado en xuño entregaráselle o sobre de matrícula.

Reclamacións:

  • 25 de xuño: 10:30-14:00: Revisión de exames e presentación de reclamacións aos departamentos.
  • 26 de xuño: 09:00- 14:00: Presentación de reclamacións aos departamentos.
  • 27 de xuño: 09:30 – 10:00: Notificación das resolucións das reclamacións ás/aos interesadas/os.
  • 27 e 28 de xuño: Presentación recurso contra as resolucións das reclamacións.

Matrícula:

7 de xuño a 10 de xullo: Matrícula do alumnado que aprobe todo en xuño (os demais farano en setembro). Para evitar aglomeracións diante das oficinas suxerímoslles as datas seguintes:

  • 1º e 2º de ESO: 27 e 28 de xuño. ( O alumnado procedente dos centros adscritos- CEIP Os Tilos, CEIP Ramón Cabanillas- ,así como do CEIP Lamas de Abade recibirán nos seus centros os sobres de matrícula, así como as instruccións de matrícula para axilizar o proceso).
  • 3º e 4º de ESO e 2º FP Básica: 1 e 2 de xullo.
  • Bacharelato: 3 e 4 de xullo.
  • Alumnado de 2º ano dos Ciclos Formativos: 27 e 28 de xuño.
  • No caso de ter dificultades con estas datas, teñan en conta que o prazo oficial de matrícula para os aprobados en xuño remata o luns 10 de xullo.

Para ver os calendarios de Final de curso de Formación Profesional Básica (2º) e Ciclos Formativos PREMA AQUÍ.

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2019

 

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2019

Preme para agrandar e gardar ou imprimir.

 

 

Preme para agrandar e gardar ou imprimir.

 

III Concurso de Booktrailers do IES Pontepedriña

Cubre este formulario (en Ir ao formulario) para participar no III Concurso de Booktrailers do IES Pontepedriña. No seguinte enlace  e no documento adxunto tes  as bases do concurso.

O prazo para concursar é dende o 23 de abril ata o 17 de maio. 

Animádevos a participar

As dúbidas pódense consultar enviando un correo a bibliotecapontepedrinha@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Autores do cartel: Artur Vázquez e Aarón Vilariño

Distribuir contido