Latín e Grego
VIAXE A ROMA 2018
O departamento de Latín organizou unha saída didáctica a Roma, para coñecer esta cultura clásica.
Profesores acompañantes: José Manuel Ares, profesor de Latín e Maite Saiz, profesora de Música.
Saída: 24 de febreiro
Regreso: 28 de febreiro
VIAXE A ROMA 2017. SEMANA DE ACTIVIDADES
O alumnado de Latín e Grego de 1º de bacharelato está a visitar a cidade de Roma, acompañados polo profesor José Manuel Ares.
Boa Viaxe!!!!!!
VISITA AO TEATRO NA CIDADE DA CORUÑA 2017
O día 22 de marzo o alumnado de Latín e Cultura Clásica, acompañados polos profesores José Manuel Ares e Alba Primo, visitaron a cidade da Coruña coa finalidade de asistir ao teatro. Dúas foron as obras representadas: Medea, unha traxedia de Eurípides e Miles Gloriosus, unha comedia de Plauto, que foron moi aplaudidas.
Ademais percorreron a cidade e achegaronse á Torre de Hércules. Todos gozaron dunha xornada cultural fora das aulas moi gratificante.
TEATRO CLÁSICO
O alumnado de Latín e Cultura Clásica, acompañado polos seus profesores José Manuel Ares e Alba Primo, viaxará á Coruña para gozar de dúas obras clásicas de teatro. Visitarán a Torre de Hércules e o Museo arqueolóxico no Castelo de san Antón.