VISITA AO TEATRO NA CIDADE DA CORUÑA 2017

O día 22 de marzo o alumnado de Latín e Cultura Clásica, acompañados polos profesores José Manuel Ares e Alba Primo, visitaron a cidade da Coruña coa finalidade de asistir ao teatro. Dúas foron as obras representadas: Medea, unha traxedia de Eurípides e Miles Gloriosus, unha comedia de Plauto, que foron moi aplaudidas.

Ademais percorreron a cidade e achegaronse á Torre de Hércules. Todos gozaron dunha xornada cultural fora das aulas moi gratificante.