Orientación
ACOLLIDA FAMILIAS
O martes 18 tivo lugar a acollida de familias de nova incorporación. As familias puideron tamén asistir a unha charla sobre como acompañar aos seus fillos e fillas adolescentes no bo uso das novas tecnoloxías.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 6º PRIMARIA
O xoves 6 de xuño tivo lugar a XORNADA DE PORTAS ABERTAS para alumnado de 6º de Primaria que inclúe: presentación no salón de actos a cargo de alumnado de 1º de ESO e do Departamento de Orientación, prácticas no Laboratorio, charla a cargo do alumnado de FP Básica, visita á Biblioteca, ao Ximnasio, ás aulas de Música e Plástica e a un aula de 1º de ESO.
A charla do alumnado de FP Básica, sobre os perigos de Internet, estivo estructurada en tres partes: unha presentación, un kahoot e un debate.
PLENO INFANTIL 10 MAIO
Tres representantes do alumnado de 1º de ESO acudiron ao Pleno Infantil Municipal do Concello do Porriño. Alí levaron propostas de todo o alumnado de 1º ESO, que tiveron sesións previas de preparación nas que as debatiron e seleccionaron.
CHARLA DONACIÓN
O alumnado de 1º de BAC recibiu unha charla sobre donación e transplantes por parte da AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE.
INFORMACIÓN ALUMNADO BACHARELATO
Esta semana o alumnado recibiu información de Inxeñería de Caminos, da Universidade da Coruña e das Forzas Armadas.,
VISITA EFA AS CANCELAS
O 12 de abril o alumnado de 4º de ESO recibiu información de profesorado e alumnado da EFA As Cancelas (As Neves) sobre a súa oferta formativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »