Orientación

Departamento de orientación

XORNADAS PORTAS ABERTAS ALUMNADO SEXTO PRIMARIA

O luns 24 de maio arrancamos coas Xornadas de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria.

PROXECTO OS MUIÑOS DO CASTRO

O 18 de maio, dentro das actividades do Proxecto "Muiños do Castro" estivo con nós Xoan Pereira, presidente a Comunidade Montes de Atios. Gracias por facer chegar ao alumnado de FPB a importancia de poñer en valor os nosos montes e a necesidades de implicarse no seu coidado! 

VISITA DA FADA DO ALOIA

Para axudarnos co proxecto RUTA DOS MUIÑOS DO CASTRO de FP BÁSICA estivo con nós o martes 11 de maio Natalia Lago, Fada do Aloia e Educadora Ambiental. Grazas polos trucos ensinados para facer a nosa ruta guiada!

RUTA DOS MUIÑOS DO CASTRO. ATIOS.

FP Básica I traballando por proxectos. Preténdese poñer en valor o entorno natural e apreciar a riqueza etnográfica da nosa contorna, para facer a finais de mes de guías do alumnado de 1º ESO.

Compartimos fotos da visita feita o 4 de maio polo alumnado de FP Básica I acompañado do profesorado participante no proxecto.


ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Ángel, profesor de Matemáticas do noso centro, impartiu hoxe a última charla de Orientación Académico-Profesional para alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. A actividade vai enmarcada na colaboración solicitada aos Departamentos dende o Departamento de Orientación.

 

Distribuir contido