Dinamización Lingüística
Encontro con Marcos Calveiro
Hoxe estivo connosco Marcos Calveiro. Hostaleiro, avogado de profesión e escritor de vocación. El di que "está feito de palabras" e diso mesmo viu hoxe falar co alumnado, das palabras que falan e das palabras que calan as personaxes do seu libro "Todos Somos" que leron os alumnos/as de 2° ESO.
E xa hai segunda parte "Todos fomos" e quen sabe, quizais terceira tamén...
Grazas, Marcos!
UN AGASALLO DOS REIS (OS MAGOS)
O programa da TVG "Dígocho eu" seleccionou a proposta enviada dende o ENLG do IES Pino Manso para o concurso do #DígochoEuNaEscola. A noticia saiu o xoves 6, día de Reis, no Telexornal Mediodía e nas redes sociais do #DígochoEu (TikTok e Instagram). Proximamente o equipo do programa virá gravar o programa ao centro coa presentadora Esther Estévez.
Porque o galego mola, Dígocho eu!!
PREMIOS CONCURSO CABAZAS
Xa temos cabazas gañadoras!!!
Hoxe fixemos a entrega dos premios ademáis dun cariño para todos os participantes.
Grazas de novo polos vosos traballos!!!
CONCURSO DECORACIÓN CABAZAS
Xa temos a exposición montada cos traballos do alumnado participante no concurso organizado polo departamento de Dinamización Lingüística.
Moitas grazas por vos animar!
A próxima semana desvelaremos cales son as cabazas gañadoras.