Dinamización Lingüística
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 21/22
Flora Veloso Pérez, coordinadora
AOS XOVES O PINO MANSO FALA GALEGO
Dende Normalización Lingúística en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura estamos a traballar neste trimestre nun proxecto titulado "aos xoves o Pino Manso fala galego".
É unha proposta nova que vai adicada ao alumnado de 1º ESO e 1º de Bacharelato.
Porén gustaríanos animar a todo o profesorado que falara a lingua propia por un día, simplemente porque falar galego mola!!!
Os xoves nos primeiros cinco minutos que dura a entrada soará música galega (escollida polo alumnado) que anime a darlle a Lingua!!!
CONCURSO DE COPLAS DE ENTROIDO
Os departamentos de Dinamización lingüística e de Lingua Galega e Literatura organizan un concurso de coplas de Entroido dirixido a todo o alumnado do IES Pino Manso.
Podedes consultar as bases premendo na imaxe:
GAÑADORAS CONCURSO MICRORRELATOS DE OUTONO
As gañadoras do CONCURSO DE MICRORRELATOS DE OUTONO convocado por Dinamización Lingüística son:
1º da ESO- B: Candela Lago Leirós
3º da ESO-C : Eva María carrera Novo
1º de BAC- B: Sara García Ramilo
Noraboa!!!!!
CONCURSO DE MICRORRELATOS DO OUTONO
O departamento de Dinamización Lingüística convoca un
CONCURSO DE MICRORRELATOS DO OUTONO
Podedes consultar as bases AQUÍ
Entrega do microrrelato do 1 ao 13 de novembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
