Ensino Secundario

Semana de actividades. Venres 30

Actividades programadas para hoxe:

1º e 2º ESO:

-Charla sobre alimentación en África por Cáritas.

-Documental "Binta y la gran idea" e cortos na biblioteca(1º ESO).

4º ESO:

Excursión de fin de etapa a Salou.

Todos os niveis:

V EDICIÓN DA CARREIRA POLA IGUALDADE


Semana de actividades. Mércores 28

Actividades programadas para hoxe:

1º ESO :

- Percorrido por Porriño para coñecer a obra do arquitecto local Antonio Palacios.

- Actuación do grupo folclórico Gandariño.

- Gincana cultural na biblioteca.

- Actuación do trovador Crispín d´Olot co espectáculo "De fábula". Páxina personal aquí.

2º ESO :

- Prácticas no laboratorio sobre o CSI.

- Actuación do trovador Crispín d´Olot.

- Actuación do grupo folclórico Gandariño.

- Premio do Entroido para 2º ESO A na cafetería.

3º ESO :

- Charla sobre a cultura marroquí por Jihane e Fairus, alumnas do centro.

- Actuación do trovador Crispín d´Olot.

- Actuación do grupo de música tradicional Gandariño, no que tocan alumnos do centro de 2º e 1º ESO.

4º ESO :

- Actuación do trovador Crispín d´Olot.

- "A ciencia, femenino e singular", actividade de busca na rede.

1º Bacharelato e 2º Bacharelato:

O alumnado que cursa a opción de Ciencias da Terra marchou hoxe hacia o Courel ata o venres pola noite.

Semana de actividades. Martes 27

Actividades programadas para hoxe:

1º ESO:

-Cortos sobre a emigración na biblioteca; A viaxe de Said e Proverbio chino.

-Gincana cultural na biblioteca.

-Obradoiro de percusión.

-Proxección do video sobre Jesús Martínez Novas e encontro co alpinista galego que máis cumes de 8000 metros ten. Artigos sobre o deportista no xornal La opinión de Coruña. e Faro de Vigo.

2º ESO:

-Prácticas no laboratorio sobre CSI.

-Charla a cargo de Fairus e Jihane, alumnas do centro, sobre Marruecos.

3º ESO:

-Proxección do video sobre Jesús Martínez Novas e encontro co alpinista galego que máis cumes de 8000 metros ten.

-Charla a cargo de Alina Grigoras, alumna do centro, sobre Rumanía.

-Contacontos e obradoiro de narración por "Tropa de Trapo".

-Actuación da cantante angoleña Aline Frazao e charla.

4º ESO:

-Actividade "A ciencia, feminino e singular".

1º e 2º Bacharelato:

O alumnado que cursa a opción de Francés, saiu hoxe con destino a Paris ata o 1 de abril.

Semana de actividades. Luns 26

Actividades programadas para hoxe:

1º ESO: Percorrido polas rúas de O Porriño para coñecer a obra do arquitecto Antonio Palacios.

2º ESO: Iniciación ao surf na praia de Patos.

3º, 4º ESO e 1º Bach: Contacontos en inglés e galego por Tim Bowley e Charo Pita.

Derradeiras saídas do trimestre

Comeza o bo tempo e as saídas complementarias, fora do instituto, plantexadas polo departamento de E. Física. Hoxe venres 23, os grupos de 3º ESO realizarán unha ruta para reforzar os contidos sobre orientación no Lago Castiñeiras e o luns, será o alumnado de 2º ESO o que aprenderá algunhas nocións básicas sobre o surf na praia de Patos ao longo da mañá. www.educacionfisicapinomanso.blogspot.com

Distribuir contido