Colaboración co Concello para a limpeza e protección do medio ambiente

O Concello pide a nosa colaboración para manter limpa e saúdable a nosa contorna. Para máis información: Click aquí

 

Visitas ao Concello de 1º ESO

Esta semana o alumnado de 1º ESO por iniciativa do Concello de O Porriño participou nunha visita guíada ás instalacións do mesmo. Aquí deixamos unha pequena mostra. 

 Desenvolvendo un pleno.

 Visitando as instalacións da Policía Local

 Que lles fixo test de alcoholemia.  Tranquilos todos, que deron negativo. 

Aínda así, acabaron no calabozo ...           Co cal... moi ben igual non se portaron.

 

  O que está claro, é que o pasaron xenial. 

Visita do alumnado do Colexio Hemanos Quiroga

O noso alumnado de 1º de Bacharelato facéndolles de guía aos seus excompañeiros do Colexio Hermanos Quiroga, que esperamos que para o curso que vén sexan alumnos de IES Pino Manso. 

 

Visita a Minergal

O noso alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía desfrutou esta semana da visita a Minergal, o museo dos minerais de O Porriño, grazas á iniciativa proposta polo Concello de O Porriño. 

Charla de prevención de adicións

O noso alumnado de FP participou esta semana nunha interesantísima charla impartida pola Cruz Vermella sobre a "Prevención de adicións". Aquí os podemos ver moi atentos ao tema. 

 

 

Esta semana a charla tocou sobre Violencia de Xénero. Aquí os temos escoitando ao poñente coa máxima atención.

Distribuir contido