El lazarillo de Tormes: Lengua Castellana y Literatura. Curso 2016-17

A profesora de Lingua Castelá e Literatura, Sonia Domínguez Ónega, levou a cabo unha orixinal tarefa co alumnado de 1º de Bacharelato: Marta Alonso, Miguel Alonso, Jesús Bolado, Antía Cendón e Lois Ferreira, os que asumiron diversos papeis da xenial obra da picaresca española, El lazarillo de Tormes y sus fortunas y adversidades.

No seguinte vídeo o podedes comprobar:

 

BOOKTUBER:Lengua Castellana y Literatura (1º de Bacharelato). Curso 2016-17

Candela Bastos, Valeria García e Erika Roma comentan Fuenteovejuna de Lope de Vega

 

Inés Pérez e Iria Seijo comentan El alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca

PONLLE NOME ÁS EMOCIÓNS. Curso 2016-17

PONLLE NOME ÁS EMOCIÓNS. Curso 2016-17

O alumnado de 1º ESO realizou coa proferora Mercedes Alfaro e a colaboración dos titores, unha gran variedade de "emoticonos" en cartolina para traballar a expresión dos sentimentos. Esta tarefa desenvolveuse dentro do Plan Interdisciplinar Anual do Centro 2016-17 e atópanse expostos no recibidor.

COÑECES AO LOBO?. 2017

2017-06-20 17:20
2017-06-20 18:10
Europe/Madrid

A profesora de Bioloxía Beatriz Lastra, organizou para o alumnado de 1º ESO unha conferencia a cargo do ponente Marcos Parente, membro de ACOPO, na que os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer, entre outros aspectos, o ciclo vital, costumes, xerarquía, especies, distribución, etc deste mamífero.

Mantivo ao auditorio moi atento xa que lles explicou a súa experiencia persoal co lobo e como conseguiu seguir a unha manada a partir das pegadas e os excrementos. Foi quen de transmitir a importancia de conservar a este animal, ao que o home limita cada vez máis o seu hábitat.

"A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC": ACTO DE RECOÑECEMENTO AO ALUMNADO SOBRESAÍNTE DE 2º BACHARELATO 2016-17

    O alumnado galego de 2º de bacharelato, que ven de acadar unha nota media IGUAL OU SUPERIOR a 9 entre o Bacharelato e a proba obrigatoria ABAU, terá un Acto de Recoñecemento na Sala "Santiago" do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

DÍA: 30 de xuño

LUGAR: Sala Santiago (Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia). R/ Miguel Ferro Caaveiro S/N. San Lázaro Santiago de Compostela

HORA: 18:00h

Confirmar asistencia antes das 14:00h do día 27 de xuño

Máis información:

http://www.usc.es/es/perfis/futuros/aponte/modules/news/news_0018.html

FAINO TI: "COMENDO ZAPATO"

Traballo realizado polas alumnas: Lara Rodríguez, Andrea Martínez e Martina Acuña (4ºESO C)

Recreación da xenial escea da película "A Quimeira do Ouro" de Charles Chaplin.

Distribuir contido