Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Decembro 19, 2018
Start: 2018-12-19 17:14
 
O alumnado do Taller de francés de 1º de Bac realizou exposicións ao longo de todo o trimestre. Proxectan vídeos dirixidos, concebidos e guionizados por eles, en grupo ou individualmente, na biblioteca narrando en francés informacións de Rexión Parisina, Bretaña, Normadía, Occitanía, Ródano-Alpes, Alsacia e Lorena.
Como broche final, levan unha mostra culinaria típica da rexión que lles tocou explicar para compartir e degustar cos seus compañeiros pratos rexionais representativos da xeografía francesa.
 
 
 
 
Venres Decembro 21, 2018
Start: 2018-12-21 10:15

O 20 de decembro iniciouse o programa AMIGO VISIBLE, do departamento de Orientación do IES Pino Manso. Cada alumno e alumna de 1º de ESO coñeceu ao seu padriño ou madriña para este curso, de 1º de Bacharelato. A presentación tivo lugar no salón de actos e a primeira toma de contacto na cafetería do centro. Aquí tedes as fotos  dalgúns deses encontros, que esperamos sexan os primeiros de moitos.

Xoves Xaneiro 10, 2019
Start: 2019-01-10 13:08

O alumnado de 4º ESO participou os días 8 e 9 de xaneiro nun obradoiro de habilidades sociais organizado polo departamento de Orientación.

Venres Xaneiro 18, 2019
Start: 2019-01-18 10:01

Alumnado do centro está nestas datas a disfrutar das diversas actividades da SEMANA BRANCA (Jaca) organizada polo departamento de Educación Física do centro

Distribuir contido