Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Febreiro 08, 2018 »
Xov
Start: 2018-02-08 08:45
End: 2018-02-08 20:30

Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato visitaron hoxe xoves, día 8 de febreiro, distintas facultades da USC coa finalidade de coñecer os grados que nelas se imparten e ir acadando información valiosa para deseñar o seu futuro profesional.

Tamén aproveitaron a oportunidade de visitar a Cidade da Cultura coa imponente arquitectura de Peter Eisenman.

Profesores acompañantes: Sofía Areal, Orientadora, María Martínez, profesora de Inglés e Anxo Rivas, profesor de Bioloxía.

Start: 2018-02-08 09:35

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo convocou a alumnas da ESO de Porriño e de tres centros públicos de Vigo, para participar nos distintos talleres escolares que se organizaron.

Esta inciaiva que se celebra por segundo ano consecutivo, está organizada polas Escolas de Industriales e Telecomunicacións e polas facultades de Bioloxía, Ciencias do mar e Química. Un total de 120 alumnas de 3º e 4º da ESO puideron achegarse ás actividades relacionadas coa termografía, deseño, programación de robots, detección de patoloxías autoinmunitarias, cuantificación de toxinas marinas, etc.

Profesoras acompañantes: Beatriz Lastra, profesora de Bioloxía e Raquel Pereira, profesora de Tecnoloxía

 

Distribuir contido