DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2018

2018-02-08 09:35
Europe/Madrid

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo convocou a alumnas da ESO de Porriño e de tres centros públicos de Vigo, para participar nos distintos talleres escolares que se organizaron.

Esta inciaiva que se celebra por segundo ano consecutivo, está organizada polas Escolas de Industriales e Telecomunicacións e polas facultades de Bioloxía, Ciencias do mar e Química. Un total de 120 alumnas de 3º e 4º da ESO puideron achegarse ás actividades relacionadas coa termografía, deseño, programación de robots, detección de patoloxías autoinmunitarias, cuantificación de toxinas marinas, etc.

Profesoras acompañantes: Beatriz Lastra, profesora de Bioloxía e Raquel Pereira, profesora de Tecnoloxía