O alumnado de 4º de ESO e 1º de BACH, o día 4 de xuño, realizaron un "Roteiro Xeolóxico polos Concellos de Meira e A Pastoriza" xunto co doutor en xeoloxía, Francisco Canosa.

 

Tags:

O alumnado da materia de Obradoiro de Música de 1º da ESO, visitou o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo, onde puideron ver o proceso de impresión e gravado artesanais, así coma a ampla colección de instrumentos musicais que atesoura.

 

O alumnado de 1º de ESO de Investigación e Tratamento da Información (ITI) visitou as instalacións de Radio Lugo e participou en directo no programa Hoy por Hoy (aquí podes escoitar a súa entrevista no programa)

 

 

 

O teatro, como actividade lúdica e formativa de primeiro nivel, ten unha fonda tradición no IES Pedregal de Irimia. Cada venres pola tarde rapazada de distintos cursos e idades xúntanse para disfrutar e tamén adquirir moitos recursos útiles para a vida. E, de paso, agasállannos con montaxes coma esta que presentaron hoxe. Vai aquí un adianto!

A través deste enlace teredes acceso á páxina do proxecto Euro-vision: Visions of Europe no que mostramos escenas primaverais en distintas partes de Europa.

Distribuir contido