Saltar navegación.
Inicio

Seguridade viaria en francés (La securité routière)

O alumnado de 2º ESO de francés (segunda lingua estranxeira) quere concienciar sobre a importancia da seguridade viaria, xa sexa como condutor, motorista, ciclista ou peón. É por iso que, usando toda a súa creatividade e orixinalidade, sentíronse publicistas por un día e crearon estes carteis sobre "securité routiêre" para chamar a nosa atención.

La Francophonie

O departamento de francés organizou un concurso de colaxes para o alumnado de 1º de ESO sobre o tema de “La Francophonie". Os alumnos e as alumnas realizaron traballos creativos sobre as cidades que forman parte da francofonía e aprenderon así que o francés está presente nos cinco continentes e conta con máis de 300 millóns de falantes.

As gañadoras foron Ahinara Domínguez Franco de 1º A e Anxa Ucha García de 1º B polos seus colaxes sobre Lausanne e Paris respectivamente.

Parabéns a todos e todas polo esforzo!

 

La Francophonie 23/24

Piale en Burdeos

Presentación da estancia en Burdeos con motivo dun Piale de Juan Martínez

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS NO IES PEDRA DA AUGA.

 

ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA DA ESO: MARTES 23 DE XANEIRO ÁS 17:00 HORAS.

 

ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA EN BACHARELATO: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HORAS.

Inditex CS ADM

30/11/2023 08:00

SAIDA DIDACTICA LEÓN ATAPUERCA e BURGOS

Saida didactica conxunta co departamento de filosofía para 1º Bacharelato. Consultar ficheiro adxunto.

 

INICIO DO CURSO 2023/2024

INICIO DO CURSO 2023/2024

 


O vindeiro luns 11 de setembro comezan as clases para todo o alumnado no IES Pedra da Auga co seguinte horario de mañá 08:45 a 14:25 e pola tarde 16:20 a 18 horas. 

No aplicativo de Abalar atoparán o nivel e clase na que o alumnado está matriculado. 

O alumnado de 1º da ESO debe acceder directamente a Biblioteca onde os esperarán os seus titores/as no documento adxunto poden consultar quen é.  

O alumnado de 1º de Bacharelato debe acceder directamente ao salón de actos onde estarán os seus titores/as; no documento adxunto poden consultar quen é. 

O alumnado de nova incorporación ao centro dos cursos de 2º, 3º e 4º deben esperar na entrada e serán acompañados as aulas correspondentes. 

Proximamente serán convocados as reunións de Pais e Nais onde se lles comunicará toda a información de inicio de curso e a entrega dos cheques de material. 

O resto de alumnado debe ir dierectamente a súa aula asignada que poden consultarla no documento adxunto. 

Un saúdo 

Equipo Directivo

 

Formularios de matrículas e prazos.

O Vindeiro mércores día 19 saen as adxudicacións de prazas para primeiros cursos de Ciclos medios e superiores e comeza o prazo para as matrículas, que abrangue ata as 13 horas do día 24.

O luns día 24 saen as adxudicacións para primeiros cursos da FP básica e comeza o prazo de matrícula que no noso Centro abrangue ata o día 28.

O horario de atención ao público é de 10 a 13 horas.

Formulario para as matrículas de ciclos e FP Básica  das persoas adxudicadas.

 

Tamén é posible que se adxudique algunha matrícula para 1º curso de bacharelato nestes días.

Formulario para 1º de bacharelato.

Calendario de exames extraordinarios.

Os calendarios extraordinarios de xuño pódense consultar nos seguintes enlaces:

F.P. Básica

Bacharelato.

Distribuir contido