Saltar navegación.
Inicio

La Francophonie

O departamento de francés organizou un concurso de colaxes para o alumnado de 1º de ESO sobre o tema de “La Francophonie". Os alumnos e as alumnas realizaron traballos creativos sobre as cidades que forman parte da francofonía e aprenderon así que o francés está presente nos cinco continentes e conta con máis de 300 millóns de falantes.

As gañadoras foron Ahinara Domínguez Franco de 1º A e Anxa Ucha García de 1º B polos seus colaxes sobre Lausanne e Paris respectivamente.

Parabéns a todos e todas polo esforzo!

 

La Francophonie 23/24