Saltar navegación.
Inicio

INICIO DO CURSO 2023/2024

INICIO DO CURSO 2023/2024

 


O vindeiro luns 11 de setembro comezan as clases para todo o alumnado no IES Pedra da Auga co seguinte horario de mañá 08:45 a 14:25 e pola tarde 16:20 a 18 horas. 

No aplicativo de Abalar atoparán o nivel e clase na que o alumnado está matriculado. 

O alumnado de 1º da ESO debe acceder directamente a Biblioteca onde os esperarán os seus titores/as no documento adxunto poden consultar quen é.  

O alumnado de 1º de Bacharelato debe acceder directamente ao salón de actos onde estarán os seus titores/as; no documento adxunto poden consultar quen é. 

O alumnado de nova incorporación ao centro dos cursos de 2º, 3º e 4º deben esperar na entrada e serán acompañados as aulas correspondentes. 

Proximamente serán convocados as reunións de Pais e Nais onde se lles comunicará toda a información de inicio de curso e a entrega dos cheques de material. 

O resto de alumnado debe ir dierectamente a súa aula asignada que poden consultarla no documento adxunto. 

Un saúdo 

Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
AULAS E TITORES.pdf49.74 KB