Skip to Content

2014-2015

Back to the future

Dez alumnos e alumnas de 3º de ESO saíron hoxe cara a Scandiano, unha vila do norte de Italia, preto de Bolonia.

Alí, convidados polo concello de Camariñas, participarán ata o 22 de marzo no Encontro Europeo “Back to the future”, no que autoridades municipais, políticos europeos, empresarios e estudantes encararán o futuro dando a coñecer experiencias pasadas e inquedanzas dentro do marco europeo.

Delegacións de Gran Bretaña, Bélxica, República Checa, Letonia, Croacia, Suecia, España e Italia acoden a estas xornadas nas que haberá conferencias, obradoiros, mostra fotográfica e actuacións en directo.

 
 

Semana das froitas frescas

 

Agora que vai vindo a calor, apetece máis que nunca unha peza de froita fresca para comer a media mañá. Por terceira vez no curso, podemos pasar durante os recreos desta semana pola entrada do instituto e disfrutar das cereixas, os albaricoques, as peras, os amorodos, as mazás..., todo boísimo e saudable.

Os de "Reciclamos Separando" van colocar uns contedores para recoller os residuos orgánicos que se poden botar no composteiro: a tona da froita, as cagullas das cereixas, as pedras dos albaricoques, servilletas brancas, pinchos de madeira, restos de bocadillo, etc.

Máis música no instituto

 

O pasado venres 15 de maio o noso Instituto tivo o pracer de acoller á orquestra xoven do Conservatorio de Lalín que actuou ás dúas últimas horas da mañá. A orquestra, formada por catro violoncelos, catorce violíns e un piano, interpretou obras de diversos compositores tales como Vivaldi, Hoffman, Richard Rogers e John Lennon.

Gabriel Dovao Pol, 2º B

Día das Letras Galegas..., que sexa todo o ano!

   letras galegas

 

Este ano adícase o

Día das Letras Galegas

a Xosé Filgueira Valverde.

17 de maio, Día internacional da reciclaxe

reciclaxeDavila

 (Imaxe tomada de O Bichero. Davila)

Residuos valiosos!

 

E para que valen? Para facer cantidade de obxectos prácticos, orixinais, decorativos, baratos, persoais, únicos! Así nolo demostraron os participantes no concurso de reutilización do que podedes coñecer os gañadores no blog de Reciclamos Separando. Noraboa!

Distribuir contido


by Dr. Radut