Skip to Content

2014-2015

Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas

En novembro... estamos de celebración! A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia decididiu impulsar a celebración anual de novembro como o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

A raíz desta iniciativa, a Asesoría de Bibliotecas Escolares realizou unha recompilación de materiais en galego sobre ciencia que resultasen de interese para toda a comunidade educativa. Ademais distribuíuse a modo de manifesto un texto asinado polo investigador Ángel Carracedo, no que sinala que entusiasmo e proximidade son claves para a divulgación da ciencia e os seus valores entre os xoves.

Preme aquí para saber máis.

Día mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller

 25N

 

Sete mulleres foron asasinadas en Galicia no que vai de ano por violencia machista. Pero a violencia contra as mulleres non é só a obvia e máis dramática, a agresión física e psicolóxica, senón tamén a estrutural, máis difícil de identificar e, por tanto, de combater.  

Violencia é un insulto ("es unha histérica"), un menosprezo ("non fas nada ben"), o control ("que facías conectada a esa hora?"), esixir obediencia ("non quero que traballes", "cámbiate e vístete como é debido"), etc., pero tamén o é, por exemplo, que unha muller cobre menos que un home polo mesmo traballo.

Combater a violencia contra as mulleres é responsabilidade de TODAS e de TODOS.

Máis info.: Que é a violencia de xénero?

Pode ser da túa interese tamén a curta dos irmáns Alenda "El orden de las cosas", nominada ao premio Goya á mellor curtametraxe de ficción en 2010, e protagonizada por Manuela Vellés e Javier Gutiérrez, entre outros.

Marisqueo en O Ariño

Aquí vos deixamos un resumo da xornada do pasado mércores 29 de outubro, escrito pola alumna Carla Valiña Lema:

Onte fomos de excursión á praia de “O Ariño”. Fomos ver unha charla sobre marisqueo. Explicáronnos varias cousas: como collían os berberechos, as ameixas, cando se pode coller o marisco, cantas toxinas hai, etc.

Despois fomos pola praia para que nos ensinaran como se collía o marisco. Mentres que nos entretiñamos na area, unha das mariscadoras puxo o seu traxe de traballo e foi ata unha boia, que era onde se encontraban os berberechos.

Cando rematou, puxémonos a sacar unha foto de grupo e voltamos á escola.

Recortes de profesorado no IES Pedra da Aguia

Tras comunicársenos recentemente a redución de horario da mestra especialista en Audición e Linguaxe, no IES Pedra da Aguia non estamos dispostos a seguir asumindo en silencio os recortes que ano tras ano vimos padecendo e continuaremos loitando contra esta situación.

Podes ler aquí a carta enviada ao Parlamento de Galicia para denunciar o trato recibido polo noso centro.

Visita de ex-parlamentarios ao centro

 

O martes 11 de novembro, recibimos no instituto aos ex-parlamentarios Ángel Mesa (PP) e Xesús Veiga (BNG), visita que se encadra dentro dunha iniciativa do Parlamento de Galicia de achegar a institución aos escolares galegos no formato de charla-coloquio.

Visita o blog do noso proxecto!

No blog Reciclamos separando, ademais de ver como se vai desenvolvendo o noso proxecto, atoparás información, curiosidades, novas,... todo o que poidas imaxinar sobre a reciclaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut