Skip to Content

Tecnoloxía

Dúbidas

   

Aínda que mellor sempre é facelo en quente, durante as clases, o alumnado pode consultar dúbidas ou escoitar de novo algunha explicación nalgún recreo ou a través de videoconferencia, en ambos casos en horario a acordar ca profesora.

Avaliación de pendentes 2020/21

O alumnado con materias pendentes ten dereito a realizar en maio e setembro unha proba global dos contidos recollidos na programación do ano en que cursou a materia.

De forma voluntaria, pode acollerse a un programa de recuperación por parciais:

- O alumnado accederá a través da aula virtual ós boletíns de actividades.

- Realizará probas parciais con preguntas do tipo das dos boletíns.

- Os boletíns non se avalían.

- As unidades suspensas poden recuperarse en maio.

- A falta a dúas probas sen causa xustificada supón o abandono do programa, tendo que avaliarse de TODA a materia na proba de maio.

O alumnado acadará unha valoración positiva na materia se se dá algún destes casos:

- Acada o 5 na media das probas parciais (ningunha con menos de 3).

- Acada o 5 na proba global de maio ou na media de parciais e recuperacións das mesmas feitas en maio.

- Acada o 5 na proba de setembro.

 

Haberá clases de apoio no recreo ou por videoconferencia, previa solicitude e acordo de horario coa profesora.

 

Bótalle unha ollada!

Presentámosche unha serie de enlaces interesantes relacionados coa tecnoloxía: 

Galería de ferramentas As ferramentas do taller clasificadas, indicacións de cal é a súa aplicación, medidas de protección a adoptar e incluso vídeos para ver como usalas correctamente.
Revoltallo de termos Vocabulario técnico en galego, unha lingua perfectamente válida para expresar a Tecnoloxía.
Tecno12-18 Animacións, explicacións e actividades de Tecnoloxías e Informática. Pide o contrasinal á túa profesora.

A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia Preindustrial

Funcionamento de muíños, batáns e outras máquinas movidas  pola auga. Tamén historia e historias, vídeos, música, etc.
O carro galego Información sobre este medio de transporte tradicional, incluídos planos para a súa construción.
BLOGS
http://tecnoloxia.org Da profesora María Loureiro, contén cantidade de información, actividades,  enlaces, curiosidades, ...
 http://tecnoloxia.blogspot.com/

Feito por outra profesora de tecnoloxía, atoparedes máis recursos útiles e interesantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut