Skip to Content

Física e química

3A CAMBIO DA VC DO XOVES 23 de abril por festivo

A videochamada deste XOVES, cámbiase para o XOVES 30 de abril á mesma hora. Mentres tanto, se tedes dúbidas nalgún exercicio do boletín Ii AMP, preguntádesme por correo.

Un saúdo.

PARA TODO O ALUMNADO DE 3º E 4ºESO: ORGANIZACIÓN DAS TAREFAS

1º) No ficheiro adxunto aparece o nome do alumnado, que por ter algunha ou as dúas avaliacións suspensas debe entregar obrigatoriamente as tarefas de repaso (sempre se colgarán no tema 1). De non entregar en prazo suspenderán a materia.

2º) O alumnado que aprobou as dúas avaliacións ten que entregar as tarefas incluídas no tema 2.

3º) OS DOMINGOS:

a) Subiranse a AV as tarefas para realizar durante a seguinte semana.

b) Na páxina web colgaranse as solucións da semana que acaba de rematar.

4º) OS SÁBADOS

Será o último día para entregar as tarefas semanais, sempre na AV.

5º) Iremos axustando ás videochamadas ás vosas necesidades. As horas están marcadas no calendario de exames.

 

AVISO aula VIRTUAL

Todos os alumnos de 3ºA, 3ºB e 4ºA estades matriculados na aula virtual. Tedes tarefas para entregar o sábado 18 de abril.

Na páxina web figuran instrucións para conectarvos por videoconferencia esta semana.

 

AVISO IMPORTANTE

OS ALUMNOS DE 3º E 4º ESO QUE NON ENTREGARON OS TRABALLOS A DÍA DE HOXE, TEÑEN COMO ÚLTIMO PRAZO O VENRES DÍA 27 DE MARZO.

3ºESO: dadas as circunstancias, os exercicios que tiñades que presentar, por esta vez non serán obrigatorios, aínda que se valorará positivamente a súa entrega. A partir desta data colgaranse as solucións na páxina web do instituto para que poidades corrixilos e estudalos pola vosa conta. Calquera dúbida, no correo que xa coñecedes.

4ºESO: hoxe colgaránse as solucións dos problemas que faltaban. Non contabilizarei, por esta vez, a entrega dos exercicios, dada a excepcionalidade da situación. Nas próximas entregas estableceranse prazos estritos e obrigatorios para todo o alumnado desta materia.

Distribuir contido


by Dr. Radut