E chegou o Entroido! A festa onde todas as aparencias son posibles, os doces teñen forma de orellas, flores e filloas e a música e o humor o invaden todo. O noso instituto non queda á marxe desta celebración tradicional e o pasado venres 21 foi o día grande logo de tres semanas de preparativos. Pasalo ben e convivir ao longo dunha xornada atípica non era o único obxectivo. O propósito foi usar o Entroido como un pequeniño proxecto interdisciplinar impulsado dende as titorías do centro e coordinado dende a Biblioteca escolar.
O noso tema foi a macedonia... e non foi escollido de xeito casual. Quixemos usar esta ensalada de froitas como pretexto para falarmos da diversidade e da inclusión,