Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

Recuperación da materia de bioloxía en setembro

Para preparar a materia de bioloxía no verán, tedes dispoñibles de novo todos os cuestionarios que fixemos durante o curso. Repetide eses cuestionarioes e preguntádeme calquera dúbida que teñades a través da aula virtual.

As probas de setembro serán a través da aula virtual e haberá un cuestionario por cada avaliación. Deberedes realizar os tres cuestionarios e para superar a materia teredes que obter unha media de 5 entre os tres cuestionarios.

 

Espero que teñades bo verán!

DÍA MUNDIAL DA AUGA: 22 de marzo

Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga!!

Deíxovos datos de interese para reflexionar neste día sobre o noso consumo de auga.

  • A auga é un recurso potencialmente renovable, quere dicir que a auga potable é un ben escaso e que non é accesible a toda a poboación mundial.

 

  • En África subsahariana a poboación ten os niveis máis baixos de acceso a auga potable. O 50% da súa poboación ten que beber auga non potabilizada (de pozos, charcos, auga da choiva,...)

 

  • Considérase auga potable a auga libre de: protozoos  amebas, paramecios, vorticelas, flaxelados,...), libre de algas unicelulares (diatomeas, algas verdes,...), de bacterias. Ademais, debe ser: inodora, incolora e insípida.

 Que podemos facer nós para non desperdiciar a auga?

  • Pecha a billa cando laves os dentes ou as mans (agora hai que lavalas moito!).
  • Usa reguladores da cantidade de auga na cisterna.
  • Non te deas un baño, mellor unha ducha rápida 5-10 minutos máximo!

 

 Aquí tedes un vídeo emitido onte en "La Noche Temática" de Rtve 2, sobre a contaminación das augas.

 

Bo domingo a todos/as!!Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut