Skip to Content

Segundo trimestre

A Escola embaixadora a exame

O 11 de marzo visitou o noso centro Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en España. Horacio quería saber dos nosos proxectos como Escola embaixadora e coñecer aos novos embaixadores júnior, todos alumnos de 3ºA. Despois de facer un xogo trivial cos estudantes e de explicarlles máis polo miúdo o traballo na UE, Horacio posou con todos eles e, como non, ca nosa Caramiña.

Máis en La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Brillante actuación no Parlamento Xove

A principios do mes de marzo disputouse unha nova edición do programa Parlamento Xove, na que estudantes da ESO debaten entre si, a favor e en contra, sobre un tema proposto. Esta vez, se se debían incrementar as sancións a particulares e empresas por cometeren delitos medioambientais. Pois ben, Álvaro, Noa, Laura e Borja, alumnos de 3ºA, foron gañando confianza a medida que se sucedían os debates e defenderon brillantemente as súas popsturas. Non pasaron á fase final, pero a experiencia obtida xa lles fai pensar na proxima edición.

Máis en El Correo Gallego, Que pasa na costa e Diario de Camariñas.

Este Entroido 2020 celebramos a diversidade!

E chegou o Entroido! A festa onde todas as aparencias son posibles, os doces teñen forma de orellas, flores e filloas e a música e o humor o invaden todo. O noso instituto non queda á marxe desta celebración tradicional e o pasado venres 21 foi o día grande logo de tres semanas de preparativos. Pasalo ben e convivir ao longo dunha xornada atípica non era o único obxectivo. O propósito foi usar o Entroido como un pequeniño proxecto interdisciplinar impulsado dende as titorías do centro e coordinado dende a Biblioteca escolar.

O noso tema foi a macedonia... e non foi escollido de xeito casual. Quixemos usar esta ensalada de froitas como pretexto para falarmos da diversidade e da inclusión,

Visita do escritor Fernando Lalana

O pasado mércores 19, máis de 60 alumnos dos Clubs de Lectura do centro gozaron ca visita dun dos seus autores favoritos, o premio nacional de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana.
O escritor contoulles como comezou na literatura, que lle inspira para escribir unha novela, por que se adicou á literatura infantil-xuvenil e non á de adultos e moitas outras anécdotas que fixeron que o tempo transcorrera máis rápido do desexado. Finalmente, asinou una chea de libros, todos cunha dedicatoria diferente.
O centro quere agradecer a visita á editorial Santillana.

Don Juan Tenorio

Coincidindo con datas tan “amorosas” como a semana que se aveciña, semana de afectos e namoramentos, gozamos da representación adaptada de Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.
Esta obra de teatro en verso recolle ao personaxe romántico, a encarnación do individuo rebelde non sometido a autoridade nin regra algunha. O mito aquí distínguese doutros no amor real que ao final sente cara a dona Inés e a salvación da alma pecadora de Don Juan grazas á intervención divina dese "anxo de amor”, que demostra que o amor verdadeiro pode facer cambiar a unha persoa.
No S.XXI teriamos que analizar se realmente debería ser tan doado redimirse de culpa co arrepentimento e o amor. Poden cambiar tanto as persoas?

Distribuir contido


by Dr. Radut