Skip to Content

Plan dixital

1. Guía de Centros Educativos - Protección de Datos

En datas recentes a Axencia de Protección de Datos vén de publicar a Guía de Centros educativos coa finalidade de resolver as dúbidas que se presentan nos equipos directivos dos centros e no profesorado sobre como proceder ante determinadas situacións nas que están presentes datos de carácter personal.

Incluímos a seguir dito documento e tamén o Protocolo completo da Xunta de Galicia.

Por último, desde o IES elaboramos un resumo de dito Protocolo coas cuestións que consideramos máis relevantes para a nosa comunidade educativa e que titulamos FAQs (preguntas frecuentes respostadas)

2. Guía básica para o uso de fontes fiables de información

No arquivo anexo recóllense diferentes ferramentas coas que avaliar a fiabilidade das informacións que atopamos en Internet, así como consellos para utilizar axeitadamente os distintos tipos de recursos dixitais (textos, imaxes, vídeos,...) citando a súa autoría.

Distribuir contido


by Dr. Radut