
Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos fire coma cen saetas. Non precisamos máis, só mirar. Quen mira a obra de Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a creadora do pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra para loitar contra a inxustiza e para crear un país sublime. (Fragmento do manidesto da AELG.)
Dende 2010, o 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Escrita no século XIX, a súa obra mantense vixente na denuncia da inxustiza social e na reivindicación feminista.