Skip to Content

Programa DAFIS

Benvida ao espazo "Actívate"

 Benvidos/as a este novo espazo no que vos daremos a coñecer algunhas novas sobre o que está a acontecer neste Centro con respecto ás actividades físicas que organizamos e a outros aspectos que teñen que ver coa nosa saúde e o noso benestar.

Desde o Departamento de Educación Física queremos sumarnos á iniciativa de promover unha Vida Activa organizando a maior variedade de actividades físicas como nos sexa posible e convidarte a que participes nelas activamente; que te divirtas coñecendo novas prácticas e paseniñamente, ir adquirindo hábitos propios dunha vida sa.

Ao longo desta experiencia comprobarás a relación que ten a Actividade Física coas materias que estás a estudar, pero tamén, como todo o que estás a estudar ten moitísima relación coas actividades físicas que practicas. Verás a compañeiros facendo de reporteiros, buscando as novas sobre as actividades que se desenvolven no Instituto. A outros, tratando de indagar que ocorre dentro do noso organismo ao facer esforzos físicos. En desvelar algún dos segredos dunha alimentación sa empeñaranse algúns outros. E non faltarán aqueles que apliquen as novas tecnoloxías ao campo físico e deportivo, ou os que indaguen sobre os recursos dispoñibles na nosa bisbarra para poñerse en forma.

Non esperes máis!, súmate a nós e …

logo activate

DEPORTES NÁUTICOS E DE VELA

30/06/2023 22:46

PROGRAMA “O MAR NA ESCOLA”:

          Un privilexio distinguido poder gozar desta actividade de iniciación aos deportes e actividades de vela. Desenvolveuse en horario lectivo ao longo de 12 sesións do segundo e terceiro trimestres e dirixidas ao alumnado de 1º de ESO. Os instructores forman parte da Escola Municipal de Vela e contouse coa colaboración do Concello de Camariñas para a cobertura de recursos materiais e de transporte.

                        

LECER ACTIVO

30/06/2023 22:35

RECREOS ACTIVOS:

Conscientes do incremento progresivo do sedentarismo na sociedade actual, o departamento de Educación Física está a tratar de adquirir constantemente novos materiais deportivos e de ofertar variadas posibilidades de uso das instalacións e espazos lúdicos dispoñibles coa intención de enriquecer as opcións de práctica deportiva do noso alumnado. Nesta liña, nos tempos de lecer ofertamos opcións moi diversas de prácticas físicas como actividades rítmicas, patinaxe, frontenis, bádminton, tenis de mesa, palas, hockey, baloncesto, voleibol….e incluso, fútbol !.

          

 

                                     

XOGAMOS COMO OS NOSOS ABÓS

30/06/2023 22:28

DIVULGACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS

          Intermitentemente ao longo do curso, fomos aproveitando diversos momentos de lecer e/ou de pouca carga “académica”, para ir introducindo ao alumnado na práctica de xogos tradicionais. Os máis practicados foron o xogo da chave, a petanca e o xogo do aro-guía.

 

                          

CONTROL POSTURAL

30/06/2023 22:20

ACTIVIDADE DE IOGA:

          A profesora de Hábitos Saudables, desenvolveu un taller de iniciación a ioga có seu alumnado de 2º de ESO. A intención de fondo foi elevar a concienciación sobre o noso autocontrol e os beneficios que reporta sobre o noso benestar.

 

                          

FUTBOL.....PERO FEMININO

30/06/2023 22:10

TORNEO DE FÚTBOL SAA FEMININO:

          A peculiaridade deste torneo é incentivar a participación femenina neste tipo de eventos deportivo. Coseguimos animar ao colectivo femenino de 1º de ESO para celebrar encontros de fútbol entre os dous grupos-aula deste curso. Esperamos darlle continuidade a esta iniciativa en próximas edicións.

 

           

Distribuir contido


by Dr. Radut